Tempo  6 horas 7 minutos

Coordenadas 1458

Fecha de subida 3 de octubre de 2016

Fecha de realización octubre 2016

-
-
808 m
430 m
0
3,8
7,6
15,11 km

Vista 2367 veces, descargada 56 veces

preto de Allariz, Galicia (España)

A Reserva da Biosfera da área de Allariz abrangue os concellos de A Bola, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos e o propio Allariz, representando modelos dunha boa conciliación entre o uso dos recursos naturais e a súa conservación ao longo do tempo.

Dentro da Reserva existen unhas "zonas núcleo" que polas súas características teñen un maior interese ecolóxico e de conservación a longo prazo, sendo en Allariz unha destas zonas O Canelar, na confluencia dos regos de Fontes e do Canelar. Estos regatos baixan das abas da cara norte do monte Penamá, co seu cumio de 927 m de altitude e que pola súa ladeira sur da paso a depresión de Antela.

A nosa andaina arrinca do posto de turismo, ao carón do museo do coiro, e vai hacia o campo da feira, onde está o convento de Santa Clara e a igrexa de San Bieito. Enfilamos cara a Paicordeiro e comezamos a subir pola faldra do Penamá, mergullados sempre nunha extensa carballeira. Logo de pasar pola fermosa praciña da aldea de Penamá, e antes de subir ao cimo, comezamos a baixar pasando por riba do lugar de A Forma e de novo entre carballeiras e por camiños carreteiros acadamos a bonita aldea de San Martiño de Pazo.

Continua a baixada por As Quintas de San Trocado e o vieiro lévanos as beiras do río Arnoia e a contracorrente imos vendo tostas, pontellas e poldras para rematar no museo do coiro, o noso punto de inicio.

Ver más external

foto

A Forma

Lugar de Allariz.
foto

Camiño empedrado

Camiño laxeado subindo a Penamá.
foto

Campo da Feira

Campo da feira no centro de Allariz.
foto

Carreiro

Camiño de pescadores nas beiras do río Arnoia.
Waypoint

Comezo Canelar

Punto de incio do noso roteiro a carón do museo do coiro de Allariz.
foto

Cruceiro

Cruceiro en San Martiño de Pazo.
foto

Eira

Conxunto de hórreos nas Quintas de San Trocado.
fuente

Fonte

Fonte de auga nos arredores de San Martiño.
fuente

Fonte Penama

Fonte de auga potable na aldea de Penamá.
fuente

Fonte San Martiño

Fonte de auga potable na aldea de San Martiño de Pazo.
fuente

Fonte San Trocado

Fonte de auga potable no lugar de San Trocado.
Arquitectura religiosa

Igrexa San Martiño

Igrexa no lugar de San Martiño de Pazo.
Museo

Museo do Coiro

Museo do coiro as beiras do río Arnoia.
Ponte

Pasarela

Pasarela de madeira sobre o río Arnoia.
Ponte

Pasarela madeira

Pasarela sobre o río Arnoia.
foto

Penama

Lugar de Allariz, nas faldras do monte homónimo.
foto

Penedos

Bolos graníticos nas abas do monte Penamá.
Ponte

Poldras

Pasos de pedra sobre o río Arnoia.
Ponte

Pontella

Pontón de pedra sobre o río Arnoia.
Río

Rio Arnoia

Afluente do río Miño. Nace en Vilar de Barrio.
foto

Rodeiras

Marcas nas pedras do camiño feitas polo contínuo paso das carruaxes.
Ruinas

Ruinas casas

Casas en ruínas preto de Paicordeiro.
foto

San Martiño

Lugar de Allariz.
foto

San Trocado

Lugar de Allariz.
Río

Tosta

Represa no río Arnoia.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta