Coordenadas 1504

Fecha de subida 6 de enero de 2017

Fecha de realización diciembre 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
886 m
489 m
0
3,3
6,7
13,38 km

Vista 2132 veces, descargada 68 veces

preto de Ventín, Galicia (España)

Esta xeira polas estribacións do suroeste da Serra do Suído vainos dar a a ocasión de coñecer tres enclaves de especial interese: o Coto de Eira -cimo do concello de Mondariz-, un senlleiro foxo do lobo duplo -preto do Chan da Andoriña- e máis as vizosas fragas da parroquia de San Miguel de Ventín, no concello de Fornelos de Montes.

Poñémonos as botas ao carón da área de lecer de Chan da Cavada, tamén chamada Chan dos Feáns, na angosta estrada que liga Traspielas con Ventín (podendo comezar tamén o noso roteiro neste último lugar) e enfilamos camiño enriba por medio dun piñeiral e ao acadar o Chan da Vaca collemos o desvío -ida e volta- que nos subirá ata o curuto do Coto de Eira, que cos seus 884 metros de altitude é a maior elevación do concello de Mondariz, sendo este punto o único do noso roteiro que non é do concello de Fornelos de Montes. Desde aquí, se a visibilidade o permite, poderemos albiscar o mar, Redondela, as cuncas fluviais do Barragán e Tea e os montes da Serra do Suído.

Segue o percorrido, cadrando co Sendeiro das Greas, polo Chan de Prado e o Chan da Andorña para pasar polo singular foxo do lobo dobre, un dos poucos existentes no mundo con dous fosos.

Baixa deseguido o traxecto cara a Ventín e saíndo do seu núcleo mergullámonos nunha exuberante fraga con algúns acivros e predominio de carballos, nunha contorna regada polo río Ventín e pequenos tributarios que movían os rodicios dos muíños de Magina, da Oleira e o da Avogada.

Logo de pasar polo lugar de Erbededa acadamos novamente o punto do que arrincamos a andar.

Ver más external

Área de lecer no Chan dos Feáns, Ventín.
Vieiro na aldea de Ventín, Fornelos de Montes.
Casa en ruínas no lugar de Ventín.
Planalto na subida ao Coto de Eira.
Planalto por riba da aldea de Erbededa.
Punto de inicio do noso roteiro na área de lecer do Chan dos Feáns.
Congostra no lugar de Ventín, Fornelos de Montes.
Punto máis alto do concello de Mondariz, con 881 metros sobre o nivel do mar.
Aldea preto de Ventín, Fornelos de Montes.
Construción de muros de pedra e foxo para a captura de lobos.
Bosque mixto en Ventín.
Muíño hidráulico en Ventín.
Muíño hidráulico en Ventín.
Muíño hidráulico no lugar de Ventín.
Bosque de piñeiros.
Rego no lugar de Erbededa.
Rego no lugar de Ventín.
Sendeiro que atravesa a mancomunidade de Vigo.
Lugar no concello de Fornelos de Montes.

6 comentarios

  • pattocuak 09-mar-2017

    Hola, por las fotos no parece muy apta para bicis. Me lo puedes confirmar? Recuerdas si puede ser una ruta para caballos? Huyo de ellos por mis perras.
    Gracias!

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 09-mar-2017

    Hola, Nuria.
    Yo no encontré ni caballos ni bicis, pero los tramos de monte en los que hay pista son muy indicados para poder encontrártelos.
    Saludos de Suso.

  • pattocuak 09-mar-2017

    Gracias !!!

  • Foto de medusaw

    medusaw 10-mar-2017

    Ayer realizamos la primera parte de la ruta hasta el Coto da Eira y caballos no, pero si dos vacas, mi perra también también se pone como loca ladrando y menos mal que estos animaliños de montaña eran bastante tranquilos.. si los perros son olfateadores, por esta zona se volverán locos.. la mía desapareció un buen rato, siguiendo algún rastro de zorro o mamifero..
    Muchisimas gracias por hacer y compartir esta ruta Suso, ha sido una maravilla estar en aquel alto! Ayer con el día maravilloso que estuvo, se divisaban las Cíes y hasta la Curota! Un placer!

  • Foto de FreeCat

    FreeCat 29-oct-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Realizada sin dificultad de acceso en todo su trazado en octubre 2017.
    Comenzamos la ruta en sentido contrario desde el cruce con la carretera que sube desde Ventín, para que de ese modo después de subir y descender el Coto de Eira detenernos a comer en el área recreativa de Chan da Cabada.
    El tramo entre Ventín y Erbededo es el más bonito, pero hay que estar atento y usar el sentido común, además del GPS, para no desorientarse, pues el sendero se camufla entre los cientos de hojas caídas.
    Para repetir.

  • PEPECANU 22-nov-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Un día de Noviembre muy agradable nos ha permitido disfrutar de una ruta por un paraje tranquilo, en el que predomina el silencio. Entorno y paisajes de interes.

Si quieres, puedes o esta ruta