Tempo  unha hora 13 minutos

Coordenadas 384

Fecha de subida 1 de septiembre de 2018

Fecha de realización agosto 2018

-
-
130 m
-1 m
0
0,7
1,4
2,77 km

Vista 43 veces, descargada 3 veces

preto de Val, Galicia (España)

Iniciamos esta ruta desde a Praia de Area Grande (San Román do Val), perto do aparcadoiro.
O primeiro punto de interese é a Cruz de San Román, que lembra o naufraxio duns turistas nos anos cincuenta do século pasado. De volta ao camiño, imos ascendendo e chegamos a un miradoiro onde disfrutamos dunhas boas vistas cara o poniente (San Román, Illa Coelleira) e cara o nascente (Monte Facho e, en primeiro plano, o espectacular Fuciño do Porco).
Seguimos ascendendo e, logo dunha curta pero forte baixada, conectamos co camiño que vén de Suegos. Neste punto está instalado un chiringuito móbil nos meses de verán.
A partir de ahí, o camiño descende cara a parte final e máis interesante da ruta, que son as pasarelas.
A ruta remata no pequeno faro de Punta Socastro, desde donde divisamos unha boa vista da Ría de Viveiro e do Illote Gaveira.

1 comentario

  • Foto de Miguel_Garcia

    Miguel_Garcia 01-sep-2018

    Esta pequena ruta podémola ampliar se no punto sinalado polo Waypoint "Chiringuito" tomamos dirección Sur e imos pola ladeira Este do Monte da Vela. A metade do recorrido, podemos coller á nosa esquerda e baixar con coidado á pequena Praia de Alegrín.
    Continuando o camiño principal, éste comeza a ascender de novo, ata chegar á parroquia de Santa María de Suegos, donde podemos disfrutar da Praia da Abrela. No extremo Surleste da praia e atravesando o Rego Escourido, podemos ir con coidado a Punta Insua e alí visitar a Cova da Doncela. Aconsellamos facer esta parte do percorrido con pantalóns largos, a cauda das matogueiras, toxos e carqueixas.
    Dependendo do percorrido feito, esta derivación da ruta pode supoñer uns 6 km como máximo.

Si quieres, puedes o esta ruta