Tempo  3 horas 7 minutos

Coordenadas 493

Fecha de subida 25 de octubre de 2015

Fecha de realización octubre 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.286 m
898 m
0
1,4
2,7
5,48 km

Vista 2934 veces, descargada 131 veces

preto de Vilarinho das Furnas, Braga (Portugal)

Na estrada que vai de Portela do Homem ás Caldas do Gerês, a medio camiño, na Portela de Leonte, onda o inicio da Mata da Albergaria, dispomos dun espazo bastante amplo que se utiliza como aparcadoiro. Aí mesmo comeza a nosa ruta, na parte posterior da antiga casa do garda forestal comeza unha pista.

Aos 700 metros do inicio e tras unha curva á dereita temos que abandonar a pista: á nosa esquerda e subindo en liña recta observamos claramente os primeiros fitos (mariolas, chámanlle aquí). A partir de aquí o camiño é estreito no comezo, aproveitando o paso aberto pola auga cando cae en torrenteira e atravesando bosque. Logo vaise abrindo, soamente con vexetación baixa, directamente sobre a rocha, sobre os penedos ou ben atravesando algún prado. Tal como se aprecia liña da ruta, nós, pola curiosidade de ver se a pista volvía cara ao sur, camiñamos uns trescentos metros máis e logo recuamos ao atoparnos con que esta senda era a única que nos ía levar cara ao noso obxectivo (pódense restar, xa que logo, uns 600 metros do percorrido total).

A medida que ascendemos e sobre todo unha vez superado un cruzamento coa indicación cara ao sur “Pé de Cabril” e cara ao norte “Varziela ”, imos admirando cada vez máis pero o muro granítico que conforma o Pé de Cabril. O camiño está ben marcado coas mencionadas mariolas, abundantísimas.

A ascensión vainos levando ao leste do noso obxectivo e cando nos atopamos en paralelo con este muro de pedra, debemos estar ben atentos para atopar os fitos, as mariolas, que nos indican por onde atacar o ascenso cara ao cumio. Na parte central da muralla pétrea e cara á dereita, cara ao norte e adentrándose entre as grandes pedras, hai un acceso que nos leva a un pequeno “túnel” natural. Encrequenados, case que reptando e coa mochila na man, atravesamos este fermoso paso. Ao saír do túnel atopamos unha árbore á esquerda: pasamos ao seu pé e o camiño até o cumio xa non ten perda. Para chegar ao cumio dende aquí non se precisan cordas. Gabeando un chisco e con tino accédese a uns pasos con ferros que nos levan até o cumio.

O Pé de Cabril soamente se eleva 1.236 m sobre o nivel do mar, mais presenta unha prominencia de 373 m que o converte nun pico de referencia, perfectamente distinguíbel dende distintas zonas do Gerês. A vista é amplísima nos 360 graos, pero moita máis clara e aberta cara ao sur, co val do río Cávado e o encoro da Caniçada, e cara ao oeste co encoro de Vilarinho das Furnas e a serra Amarela.
Portela de Leonte. Mata de Albergaria
Pé de Cabril á esquerda, desvío á Varziela á dereita
Paso entre as penas. Acceso ao cumio
Pé de Cabril

4 comentarios

  • Foto de jaimucho

    jaimucho 02-feb-2016

    Preciosa ruta con todos los ingredientes necesarios para hacer de ella una pequeña aventura.

  • Foto de Erin Howell

    Erin Howell 15-may-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Belleza ruta. Sienté como un adventura - escalar a la cima.

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 15-may-2017

    Muchas gracias por tu comentario y por tu valoración, Erin Howell. Realmente es hermosa la sensación al subir a la cima y el camino para conseguirlo produce ese sentimiento de aventura que tú comentas.

  • Foto de ciriIII

    ciriIII 01-jun-2018

    Esttupenda 👌

Si quieres, puedes o esta ruta