Descargar

Distancia

22,1 km

Desnivel positivo

875 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

894 m

Altitud máxima

1.492 m

Trailrank

65 4,8

Altitud mínima

734 m

Trail type

Solo ida

Tempo

8 horas 24 minutos

Coordenadas

3242

Fecha de subida

6 de noviembre de 2015

Fecha de realización

octubre 2015
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     

Meteorología

¡Una buena pista para ayudarte a elegir ropa y material!

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Meteorología Meteorología
Sé el primero en aplaudir
4 comentarios
 
Compartir
-
-
1.492 m
734 m
22,1 km

Vista 3817 veces, descargada 189 veces

preto de Vilarinho das Furnas, Braga (Portugal)

Na distancia total da ruta falta un quilómetro, pois a batería do gps non deu máis de si.

Un sábado de outubro con tempo algo revolto deixamos o coche no que foi en tempos o control fronteirizo da Portela do Homem e descendemos pola estrada até a ponte de san Miguel, dende onde se contempla un fermoso salto de auga cunha poza realmente espectacular, malia atopármonos nunha época do ano máis ben escasa en canto á auga. Trátase do río Homem, que habemos de seguir en sentido contrario ao seu curso polo camiño que ascende até as minas dos Carrís.

Actualmente esta ruta atópase dentro das zonas do parque nacional de protección total. Soamente se pode acceder cun permiso que moitas veces non dan concedido e que pode custar uns 150 euros, así que decidimos aventurarnos confiando en non ter tan má sorte como para que nos pillasen e nos multasen (coido que é o que fai a meirande parte da xente que accede a esta zona).

O camiño non ten perda. Sempre ascendendo pero dun xeito moi tendido e bastante levadeiro, en pouco máis de dez quilómetros dende a Portela do Homem chégase ás vellas minas. Durante case todo o traxecto onde noutrora había pista soamente queda un conglomerado de pedras irregulares que obrigan a ir fixándose no chan. A vista é espectacular en todo momento: o río a traballar arreo nas pedras, as montañas e as caídas de auga, algunha delas practicamente vertical e de moitos metros, as pontellas cada vez que un novo rego suma as súas augas ás deste río... Os dous compañeiros de viaxe prometémonos voltar noutra época do ano, con moita máis auga, para gozar destas paraxes doutro xeito.

Tras cesar a choiva, pecharse a néboa, abrir de novo e en chegando ás zonas máis altas, soamente con vexetación baixa, pola zona da ponte das Abrótegas, o río non é máis que un rego ou un conxunto de pequenos regos que pretenden xuntarse. As vacas barrosãs (as nosas cachenas) pastan alleas ao mundo coa súa fermosa corna e nos abundantísimos penedos as cabras dominan o terreo, cabuxiñas simpáticas que ollan para o camiñante até o intre en que deciden marchar aos chimpos e cabróns con poderosos cornos que delatan a idade.

E onde soamente cabería agardar atopar natureza en estado puro, por fin chegamos ao que queda das explotacións mineiras dos Carrís:
“Reduzido a um belo conjunto de ruínas que têm como companhia a solidão da montanha e os gelos do Inverno, este já foi um lugar de vida de onde se tirava o volfrâmio das entranhas da Terra”.
Estas palabras perténcenlle a Rui C. Barbosa, quen dedicou anos a investigar sobre estas minas e recolle moita información de interese no seu blog (http://carris-geres.blogspot.com.es/p/minas-dos-carris-historias-mineiras-na.html), mais non só sobre as minas senón tamén sobre moitos dos roteiros do P.N. Peneda-Gerês (http://carris-geres.blogspot.com.es/p/trilhos-pedestres-pnpg.html), fálanos da “sua criação em meados dos anos 40 com a presença da Alemanha Nazi, passando pelo seu ponto alto nos 50 com a formação de um complexo mineiro socialmente avançado, passando pelo seu declínio e ressurgimento nos anos 70, até ao seu fecho irrevogável em finais dessa década”.

É realmente abraiante a escena. Imaxinar este espazo ateigado de xente a traballar nas minas nun lugar tan afastado... e as panorámicas, dirixamos a vista a un ou outro lado, son espectaculares. Montañas como a Nevosa, máxima cota do parque, o altar de Cabrões ou dos Cabróns, xa na Galiza, os vales aló embaixo... Tras pasar polo encoro construído canda as explotación mineiras, ascendemos un chisco máis até o vértice xeodésico dos Carrís, onde paga a pena sentarse e extasiarse... mesmo dá preguiza erguerse para continuar o camiño.

Tiñamos pensado descender até a Portela do Homem pola encosta do Sol, deixando o río á nosa esquerda, mais o chan estaba moi mollado pola choiva e todos os comentarios que leramos sobre ese descenso desaconsellaban o percorrido se non estaba ben seco, polo que acordamos volver sobre os nosos pasos e baixar polo mesmo camiño da subida.

Abofé que viremos de novo nalgunha primavera, logo dunha boa tempada de chiova, para gozar de espectáculo do río Homem a traballar nas pedras.
Waypoint

Portela do Homem

  • Foto de Portela do Homem
  • Foto de Portela do Homem
Portela do Homem
Ponte

Ponte de são Miguel

  • Foto de Ponte de são Miguel
  • Foto de Ponte de são Miguel
  • Foto de Ponte de são Miguel
  • Foto de Ponte de são Miguel
Ponte de são Miguel
Ponte

Ponte. Ribeira de Água da Pala

  • Foto de Ponte. Ribeira de Água da Pala
  • Foto de Ponte. Ribeira de Água da Pala
  • Foto de Ponte. Ribeira de Água da Pala
  • Foto de Ponte. Ribeira de Água da Pala
Ponte
Ponte

Ponte. Ribeira de Cagarouço

  • Foto de Ponte. Ribeira de Cagarouço
  • Foto de Ponte. Ribeira de Cagarouço
  • Foto de Ponte. Ribeira de Cagarouço
  • Foto de Ponte. Ribeira de Cagarouço
  • Foto de Ponte. Ribeira de Cagarouço
Ponte
Ponte

Ponte. Ribeira de Madorno

  • Foto de Ponte. Ribeira de Madorno
  • Foto de Ponte. Ribeira de Madorno
  • Foto de Ponte. Ribeira de Madorno
  • Foto de Ponte. Ribeira de Madorno
Ponte
Ponte

Ponte

Ponte

Ponte das Abrótegas

  • Foto de Ponte das Abrótegas
  • Foto de Ponte das Abrótegas
  • Foto de Ponte das Abrótegas
  • Foto de Ponte das Abrótegas
  • Foto de Ponte das Abrótegas
Ponte
Ponte

Ponte

Ruinas

Barracóns das minas dos Carrís

  • Foto de Barracóns das minas dos Carrís
  • Foto de Barracóns das minas dos Carrís
  • Foto de Barracóns das minas dos Carrís
  • Foto de Barracóns das minas dos Carrís
  • Foto de Barracóns das minas dos Carrís
  • Foto de Barracóns das minas dos Carrís
Barracóns das minas
Waypoint

Baixada cortada (escaleira de pedras desfeita)

  • Foto de Baixada cortada (escaleira de pedras desfeita)
  • Foto de Baixada cortada (escaleira de pedras desfeita)
  • Foto de Baixada cortada (escaleira de pedras desfeita)
  • Foto de Baixada cortada (escaleira de pedras desfeita)
  • Foto de Baixada cortada (escaleira de pedras desfeita)
Baixada cortada (escaleira de pedras desfeita)
Lago

Encoro dos Carrís

  • Foto de Encoro dos Carrís
  • Foto de Encoro dos Carrís
  • Foto de Encoro dos Carrís
  • Foto de Encoro dos Carrís
  • Foto de Encoro dos Carrís
  • Foto de Encoro dos Carrís
Barragem dos Carris
Cima

Xeodésico dos Carrís

  • Foto de Xeodésico dos Carrís
  • Foto de Xeodésico dos Carrís
  • Foto de Xeodésico dos Carrís
  • Foto de Xeodésico dos Carrís
  • Foto de Xeodésico dos Carrís
  • Foto de Xeodésico dos Carrís
Vértice xeodésico dos Carrís
Cima

Pico da Nevosa

A Nevosa. Cumio máis alto do Gerês e punto máis elevado do Portugal continental fóra da serra da Estrela.
Mina

Minas das Sombras

Xa en terras galegas, en pleno Xurés, as minas das Sombras

4 comentarios

  • Foto de Adventure Expedition

    Adventure Expedition 29 ene 2018

    He realizado esta ruta  verificado  Ver más

    Paisagens sensacionais, magnífico mesmo

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 18 mar 2018

    Muito obrigado, sergio.pinheiro112. Um trilho muito recomendável

  • Foto de davidabsilva

    davidabsilva 22 abr 2019

    He realizado esta ruta  Ver más

    O terreno durante o trilho não é agradável mas valerá sempre a pena pelas únicas vistas. Aconselho bom calçado.

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 22 abr 2019

    Obrigado, davidabsilva. Com certeza, bom calçado é imprecindível com tanta pedra quebrada

Si quieres, puedes o esta ruta