Coordenadas 1075

Fecha de subida 24 de enero de 2019

Fecha de realización enero 2019

-
-
89 m
6 m
0
3,6
7,1
14,24 km

Vista 455 veces, descargada 16 veces

preto de Darbo, Galicia (España)

Ao abrigo da Costa da Vela e xa na bocana da Ría de Vigo esténdense varias praias de fina e branca area polas que discorrerá a nosa andaina: Santa Marta, Liméns, Temperáns, Os Castros ou praia das Moscas e dentro da Zona de Especial Conservación as de Nerga, Viñó e Barra, completándose o circuíto por Donón e os piñeirais dunares.

Pódese comezar na praia de Liméns, con bo acceso e aparcadoiro para coches, e indo polo interior axiña acadamos camiños que nos levan entre piñeiros que medran sobre un substrato dunar e que abrangue a parte de terra adentro das praias de Nerga, Viñó e Barra.

Pasamos sobre o rego de Donón e subimos ata a Caracola, escultura feita con tubos metálicos polo moañés Lito Portela. Desde este punto teremos engaloiantes vistas sobre os altos cantís da Costa da Vela, as Illas Cíes e o Monte do Facho, antigo castro celta.

Baixamos pola bacía do rego de Donón por fragas e humedais ata a praia naturista de Barra, unha das máis importantes de Galicia. O nudismo comezou na costa de Cangas e en Galicia nos anos 70, practicado por turistas alemáns e todos lembramos ao profesor Miguel Cancio e aos integrantes do movemento “ Tetiñas e Piroliñas Free” correndo diante dos paisanos que os perseguían pola praia de Baroña nos anos 80.

Ao seguir de Barra temos os areais de Viñó e Nerga que posúen un dos sistemas dunares máis importantes da provincia de Pontevedra. De aquí a seguinte praia a costa é abrupta con dous pequenos areais, o das Moscas e o de Temperáns. Chegamos a Liméns, cunha lonxitude para o baño duns 300 metros e pegada está a praia de Santa Marta. Só restan uns pasos para volver ao punto de inicio en Liméns.

Ver más external

foto

Camiño

Vieiro entre Viñó e Nerga.
foto

Caracola

Escultura con tubos metálicos do moañes Lito Portela. Está en Donón.
Waypoint

Comezo Liméns

Punto de inicio na praia de Liméns.
fuente

Fonte lavadoiro

Fonte con lavadoiro en Viñó.
árbol

Fraga

Pequeno bosque ao sur de Donón.
Ponte

Pasarela

Pasarela nas dunas de Nerga.
foto

Pasarela madeira

Pasarela peonil na praia de Liméns.
árbol

Piñeiral

Piñeiral dunar.
árbol

Piñeiral Barra

Piñeiral dunar que se estende por detrás da praia de Barra.
Ponte

Ponton

Pontella sobre un regato que desemboca na praia de Liméns.
Praia

Praia Barra

Praia naturista no concello de Cangas.
Praia

Praia Limens

Praia no concello de Cangas.
Praia

Praia Nerga

Praia no concello de Cangas cun importante sistema dunar.
Praia

Praia Os Castros

Praia dos Castros ou das Moscas, no concello de Cangas.
Praia

Praia Santa Marta

Praia no concello de Cangas.
Praia

Praia Temperans

Praia no concello de Cangas.
Praia

Praia Viño

Praia no concello de Cangas.
Río

Presa

Represa nun regato afluente do rego Donón.
Río

Rego Donon

Pequeno regato que baixa desde o lugar de Donón e desemboca na praia de Barra.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta