Tempo  6 horas 11 minutos

Coordenadas 1702

Fecha de subida 14 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
451 m
202 m
0
4,5
9,1
18,18 km

Vista 592 veces, descargada 37 veces

preto de Cornoces, Galicia (España)

Malia que o concello de Amoeiro encrávase sobre a meseta de Os Chaos, o río Barbantiño ao seu paso abriu un fondo leito polo oeste do municipio que deu orixe a unha contorna de grande importancia natural. Este curso de auga de enorme beleza e por cuxas marxes transcorre gran parte do noso recorrido fai de linde cos concellos veciños de Maside e Cea.

Amoeiro conta con varios pazos señoriais entre os que sobrancean o de Trasalba -que é sé da fundación e museo Otero Pedrayo- e o de San Damián, hoxe adicado a hotel rural. Na nosa andaina pasaremos polo pazo de A Martinga e o de Cornoces.

O roteiro arrinca do mesmo centro de Amoeiro, do Parque dos Sentidos, e logo de ver varias eiras baixa a procura das engaloiantes marxes do río Barbantiño, entre carballeiras e bosques de ribeira. Nun curto treito cadramos co Camiño Natural do río Barbantiño (hoxe impracticable se seguíramos curso embaixo pola crecida do mato ao non haber mantemento deste Camiño Natural). Nós imos augas enriba desde a impresionante fervenza do Cachón, deixando atrás varios muíños e o encoro para acadar a ponte medieval de San Fiz que une Amoeiro con Maside polo antigo Camiño Real a Compostela e da que xa hai referencias do século XIII.

Logo dun bo paseo polas vizosas ribeiras do Barbantiño, o sendeiro sobe para o ruinoso pazo de A Martinga ao que segue o de Cornoces, constando documentación deste último do ano 1779 e que agora é propiedade da Fundación San Rosendo. Por unha congostra entre carballos, conectamos co camiño xacobeo da Vía da Prata para finalmente regresar ao casco urbano de Amoeiro.

O percorrido vén concordando cunha andaina organizada co nome de Ruta dos Pazos de Amoeiro, que non está sinalizada.

Ver más external

Concello da provincia de Ourense.
Área recreativa na fervenza do Cachón, no río Barbantiño.
Área recreativa no lugar de Monte de Costa, Amoeiro.
Camiño Natural polas beiras do río Barbantiño.
Bosque de carballos na contorna do río Barbantiño.
Punto de inicio do noso roteiro no Parque dos Sentidos, no centro de Amoeiro.
Congostra no lugar de Monte de Costa.
Congostra entre o lugar de Fontes e Os Casares.
Congostra entre carballos en Cornoces.
Conxunto de hórreos no centro de Amoeiro.
Conxunto de hórreos no centro de Amoeiro
Conxunto de hórreos no lugar de Os Casares.
Conxunto de hórreos en Cornoces.
Encoro hidráulico no curso do río Barbantiño.
Cascada no río Barbantiño.
Lugar no concello de Amoeiro.
Fonte de auga potable no lugar de Os Casares.
Lugar no concello de Amoeiro.
Lavadoiro no lugar de Monte de Costa.
Lavadoiro no lugar de Os Casares.
Lavadoiro en Vilaboa, Amoeiro.
Lavadoiro en Reguengo.
Lavadoiro no Burguete.
Levada de auga para un muíño hidráulico no río Barbantiño.
Muíño hidráulico preto da fervenza do Cachón, no río Barbantiño.
Muíño hidráulico preto da fervenza do Cachón, no río Barbantiño.
Muíño hidráulico preto da fervenza do Cachón, no río Barbantiño.
Restos dun muíño hidráulico no río Barbantíño.
Muíño hidraúlico no río Barbantiño.
Muíño hidraúlico no río Barbantiño.
Muíño hidraúlico no río Barbantiño.
Lugar no concello de Amoeiro.
Lugar no concello de Amoeiro.
Casas en ruínas na aldea de A Martinga.
Pasarela metálica sobre o río Barbantiño, na zona da fervenza do Cachón.
Pazo no concello de Amoeiro. Atópase en estado ruinoso.
Pazo no concello de Amoeiro. Actualmente pertence a Fundación San Rosendo.
Pasos sobre o río Barbantiño.
Pasos sobre o río Barbantiño.
Ponte medieval sobre o río Barbantiño, no antigo camino a Santiago.
Pontillón de pedra sobre o río Barbantiño.
Pontillón sobre o río Barbantiño.
Regueiro afluente do Barbantiño.
Afluente do río Miño.
Casa en ruínas no lugar de A Pena.
Carreiro polas beiras do río Barbantiño.
Túnel as beiras do río Barbantiño, preto da Ponte de San Fiz.
Lugar no concello de Amoeiro.

1 comentario

  • Foto de mercedes andre

    mercedes andre 12-jun-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    La ruta es muy bonita, la hicimos en el 17 en diciembre y fue pura perfeccion. Nada de maleza por ningun lado. Esta fue al contrario, hasta costaba encontrarnos las unas a las otras en medio de aquella selva. Pena que no se le de un poquito de atencion. Seria muy recomendable.

Si quieres, puedes o esta ruta