Tempo  4 horas 57 minutos

Coordenadas 2770

Fecha de subida 28 de octubre de 2013

Fecha de realización octubre 2013

-
-
727 m
261 m
0
4,7
9,4
18,82 km

Vista 1603 veces, descargada 22 veces

preto de Nespereira, Galicia (España)

Para chegar ao lugar do Valado partimos do cruzamento dos Valos na N-550, en dirección a Alvite. O desvío cara ao Valado está ben indicado. Deixamos o coche diante do camposanto, onde comezamos a camiñar.
O traxecto transcorre por pistas na meirande parte do percorrido (boa parte polo sendeiro das Greas), se ben o camiño dende o cumio do Salgueirón até o do Galleiro transcorre por un cortalumes con moita pedra, cun descenso breve pero intenso e unha subida algo esixente de algo máis dun quilómetro.
A vista é espectacular... nun día despexado: a parte interior da ría (San Simón coas Alvedosas ao fondo; cabo Home e as Cíes; Galiñeiro e xa cara ao interior o Faro de Avión e o Suído).
Fixemos a ruta a finais de outubro, logo dunha semana de moita choiva, e a cantidade de auga que baixaba polo monte dá ganas de volver cando veñan un par de meses de choiva intensa.
Mágoa que haxa tanta moto e tanto quad facendo cafradas sen que a ninguén pareza importarlle.
Deixamos a pista e desviámonos por un camiño á dereita.
Dixamos o sendeiro das Greas collendo á dereita entre castiñeiros, na zona con máis vexetación da ruta.
  • Foto de O Salgueirón
  • Foto de O Salgueirón
  • Foto de O Salgueirón
Primeiro cumio da ruta
  • Foto de Galleiro
  • Foto de Galleiro
  • Foto de Miradoiro
Miradoiro no límite dos concellos de Mos, Ponteareas e Pazos de Borbén

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta