Tempo  4 horas 33 minutos

Coordenadas 1586

Fecha de subida 26 de septiembre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
139 m
-0 m
0
4,9
9,8
19,5 km

Vista 2741 veces, descargada 55 veces

preto de Val, Galicia (España)

Fermosa ruta a carón da costa entre O Vicedo e o Porto de Espasante, pasando polos acantilados do Picón (Loiba) e polo chamado "banco máis bonito do mundo" .
Saímos do Vicedo a carón da praia de Arealonga e cruzamos o Río Sor pola ponte de ferro (1901) paralela a estrada AC-862 en dirección a O Barqueiro. Logo duns metros pola estrada, chegamos O Barqueiro, onde collemos unha pista (con beirarrúas) que nos levará ata praia de Esteiro. Onde colleremos un camiño a carón da costa que nos permitirá contemplar os espectaculares acantilados do Picón (Loiba) , pasando polo chamado "banco máis bonito do mundo" e o mirador de Pena Furada, cunhas fermosas vistas do Cabo Ortegal e de Estaca de Bares.
Iremos deixando ao noso carón fermosas praias vírxenes e de díficil acceso, separadas por outeiros rochosos e flanqueadas por impresionantes cantís (O Picón, O Coitelo, praia de Fábregas, praia furada, praia do carro, praia do Sarridal), separaremonos durante un tempo da costa, para voltar as praias de Mazorgán, Eirón e San Antón , xa no Porto de Espasante.

Distancia: 19,5 km.
Tempo total: 4h. 35' (4,3 km./h.)
Tempo en movemento: 3h. 40' (5,4 km./h.)

Nota:
Para poder baixar a maioria das praias que atoparemos na ruta, hai que ter en conta as mareas.
Como a ruta non é circular pódese ter en conta os horarios do Feve, hai estación de tren tanto NO Porto de Espasante coma no Vicedo.
panoramica

'O banco máis bonito do mundo'

panoramica

Mirador de pena Furada

Waypoint

O Barqueiro

Waypoint

O Vicedo

Ponte

Ponte de ferro

Waypoint

Porto de Espasante

Praia

Praia de Esteiro

Praia

Praia de Fábrega

Praia

Praia de Mazorgán

Praia

Praia de San Antón

Praia

Praia de Sarridal

Praia

Praia do carro

Praia

Praia do Picón

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta