Tempo  6 horas 48 minutos

Coordenadas 1789

Fecha de subida 24 de mayo de 2014

Fecha de realización mayo 2014

-
-
352 m
74 m
0
4,5
9,0
17,98 km

Vista 1830 veces, descargada 19 veces

preto de Oia, Galicia (España)

É un recorrido lineal polo que hai que organizar os movementos de coches e conductores. O punto de encontro pode ser a zona do camping do Muíño (fin de ruta); para desplazarse á Pedreira (inicio da ruta) varios kms en coche. Ao remate o coche que quedara no Muiño desprázase cos condutores ao punto de inicio para recoller o resto dos coches.

Como chegar.- Dende Baiona (18,5 Km, 23 min.) pola PO-522, cara A Guarda. Cabo Silleiro, co seu faro á esquerda; camping O Muíño, Viladesuso, Pedornes, e antes de entrar en Oia xiro á esquerda (sinala Torroña a 9 km, aprox, entre outros destinos) e se toma una estrada que sube de forma continua, ata chegar ao punto de partida, nun mirador co panel descritivo da "ruta máxica de Oia" e xunto un sinal do petroglifo de A Pedreira.

A "ruta máxica de Oia" ten de 20 km, pero acúrtanse (ata 18 km, aprox) se non se teñen en conta pequenos desvíos sinalados a puntos de interés. A ruta discorre practicamente pola mesma cota, e dende a Predreira ten máis baixadas que subidas (suaves). De sur a norte, a ruta deixa á esquerda o mar e o Camiño de Santiago (o portugués pola costa) e pasa por Pedornes, Viladesuso e Mougás; si se fai pola mañá cara ao mediodía o territorio e mar quedan ben iluminados se hai sol, evitándose os contraluces nas fotografías.

Os petroglifos da Pedreira, a 500 mts. da saída, son os primeiros que se atopan na ruta; nunha localización panorámica excepcional (igual que a do final, na Cabeciña). Máis gravados rupestres ente o alto do Visiño (A Xestosiña) e Figueirido (Auga dos Cebros): embarcacións, cazadores,.. A Pousadela con gravados, muíños rupestres e vistas (incluidas as illas Orelludas)... As sobreiras do Faro, polas que pasa o río Broi, pasan por ser as máis occidentais de Europa. Despois virán as pozas do río Peito (coñecidas como as pozas de Mougás) con fervenzas e parque forestal nas proximidades. Gravados de Pedra Lan e A Cabeciña, con recinto fortificado e un dos conxuntos de petroglifos máis interesantes do S.O. de Galicia.

Anabam ten editado un interesante folleto sobre a ruta:
http://www.anabam.org/TRIPTICO%20RUTA%20MAXICA%20OIA%20Galego_Castelan.pdf
Sobre os petroglifos de Pedornes:
http://www.concellodeoia.es/archivos/descargas/oia_petroglifos_pedornes.pdf
E sobre os petroglifos de Mougás:
http://www.concellodeoia.es/archivos/descargas/oia_petroglifos_mougas.pdf
  • Foto de Vistas dende A Pedreira
  • Foto de Costa
  • Foto de Panorámica
E
  • Foto de Río polas sobreiras do Faro
D
  • Foto de Panorámica
  • Foto de Fervenza
  • Foto de Poza de Mougás
  • Foto de Panorámica da costa de Oia ata a Guarda
  • Foto de Panorámica da costa de Mougás cara Baiona

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta