Tiempo en movimiento  2 horas 13 minutos

Tempo  4 horas 28 minutos

Coordenadas 1927

Fecha de subida 29 de septiembre de 2019

Fecha de realización septiembre 2019

-
-
550 m
353 m
0
2,9
5,8
11,5 km

Vista 14 veces, descargada 1 veces

preto de Oimbra, Galicia (España)

Rutiña pola beira do val de Monterrei, no concello de Oímbra. O elemento máis sorprendente son as trazas dos lagares alto-medievais (según din) escavados na rocha. Comeza xunto á igrexa, aínda que non é un lugar moi recomendable porque non hai moito lugar para estacionar. O templo xa resulta curioso por estar encaixado na ladeira, cunha parte semienterrada... Comezada en estilo románico, tén modificacións posteriores.
Logo de subir a uns penedos, mirador natural sobre a contorna, ascende por un camiño para logo xirar á dereita por unha devasa por debaixo dunha liña eléctrica e dirixirse cara o lagar e adega soterrá das Barrocas. Para visitala, consultar no concello de Oímbra. É moi interesante e está restaurada. (Desbotar o treito de falso sinal).
O percorrido, volvendo un pequeno treito sobre os propios pasos, encamíñase logo cara o val do Rosal onde hai novas viñas ben coidadas e, neste momento, cunha fermosa colleita de uvas. Este tramo non coincide coa ruta oficial que está sinalizada.
Onde está marcado, atravesamos por unha viña, e á fronte xa atopamos o primeiro lagar rupestre, o do Pinal. Sucesivamente atoparemos outros, que están sinalizados e máis ou menos limpos. Logo de subir un montiño aínda toparemos outros lagares, sendo especialmente destacado o Xan Preto, que está musealizado cunha reconstrución ideal (tristemente saqueada: roubáronlle o fuso...). Non deixar de mirar o cartel explicativo que dá informacións interesantes para comprender a existencia destas construcións.
Unicamente queda un pequeno treito para rematar a camiñada.
Practicamente todo o recorrido se fai por camiños de terra.
Seguramente a mellor época para andar esta ruta sexa xa entrado o outono coa folla das viñas en vistosas cores. Igualmente o é estando o froito maduro, coma neste caso, pois sempre se pode coller algunha uva DAS VIÑAS ABANDOADAS, ou pavías do chan se é ano delas...
Aínda que a distancia non é excesiva si que pode resultar algo dura para persoas pouco preparadas polas costas. Para quen teña unha mínima preparación, é unha ruta doada.
Arquitectura religiosa

Igrexa

panoramica

Miradoiro

Intersección

Dereita

De non querer subir pola devasa, pódese seguir polo camiño e xirar logo. Será menos custoso...
Edificio de interés

Lagar e adega soterrá das Barrocas

Lugar de observación de aves

Viña

Intersección

Esquerda, atravesando pola viña...

Sitio arqueolóxico

Lagar do Pinal

Sitio arqueolóxico

Lagar

Intersección

Dereita

panoramica

Panorámica

Intersección

Esquerda

Sitio arqueolóxico

Lagar da Tapadiña

Sitio arqueolóxico

Lagar de Xan Preto

A última foto foi feita na parte inicial da ruta.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta