Tiempo en movimiento  unha hora 42 minutos

Tempo  6 horas 42 minutos

Coordenadas 1589

Fecha de subida 2 de septiembre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

-
-
652 m
342 m
0
2,5
5,1
10,19 km

Vista 136 veces, descargada 2 veces

preto de Várzea, Viana do Castelo (Portugal)

Feita con base nesta: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pozas-do-mallon-24037040 aínda que en sentido inverso (no principio tivemos un pequeno estravío por monte duro). Pretendiamos facer, por ser un día de calor, a parte alta, que vai descuberta, pola mañá (certamente en parte aínda en sombra) e volver por onda o río nas horas centrais e tomar un baño... De todos xeitos, xa previamos que este plan ten a dificultade de subir dende o río ata a aldea de Olelas, comezo e fin da ruta, e isto con forte calor... Efectivamente esta subida foi dura (mesmo habendo bastantes sombras). Pero o máis desagradable foi o treito "de ida" por estar case pecho de mato de silvas e toxos. En caso de facela é imprescindible levar perneiras. A parte baixa coincide, en parte, cunha rutiña sinalizada que vai dende unha pista asfaltada ata un miradoiro. Aínda despois deste estaba desbrozada de pouco tempo hai.
Polo demais, a zona é moi interesante e femosa. Mágoa os lumes... O río, unha delicia para tomar un baño sen remilgos nas varias pozas que existen (por ser Parque, estará prohibido...?). Seguramente máis cómodo facela en sentido inverso a esta polo tema da subida final. Levar pantalóns resistente polas silveiras e toxos.
Logo de extraviarnos, este era o camiño. Limpo nesta parte, incluso con cintas dunha posible andaina...
Val do río Laboreiro e do da Peneda.
Poza que convida a un baño, sen máis...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta