Tempo  4 horas un minuto

Coordenadas 1307

Fecha de subida 17 de septiembre de 2013

Fecha de realización septiembre 2013

-
-
124 m
-22 m
0
3,7
7,3
14,67 km

Vista 2103 veces, descargada 41 veces

preto de Montalvo, Galicia (España)

Enclavada na bocana da ría de Pontevedra, esta illa a que Plinio O Vello cita como ínsula Aunios forma parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Cos seus 5 Km de longo e 1,5 Km de ancho é a segunda illa máis grande de Galicia, logo da de Arousa. O seu perfil suave cunha cota máxima de 128 m no Alto de Cucorno faina axeitada para un paseo tranquilo.
Habitada por un reducido número de persoas, a súa poboación multiplícase nos meses do estío cando funcionan os servizos de transporte marítimo desde Bueu, Sanxenxo e Portonovo.
É lugar de cría de numerosas aves mariñas, sendo a vexetación predominante o monte baixo con algúns salgueiros e bosquetes de piñeiros. Xunto con Onza, pertence ao concello de Bueu.

O percorrido farémolo polos seus vieiros de terra seguindo case sempre o perímetro. Saíndo do peirao na Punta do Almacén (con servicios de hostelería) a altura da nova igrexa de San Xaquinciño collemos a dereita cara a praia nudista de Melide e faremos un desvío de ida e volta ata a Punta Centolo (con boas vistas) e o mesmo ca Punta Xubenco.
Seguiremos polo camino costeiro que dá a mar aberto e se andamos con sede achegamonos a fonte do Gaiteiro antes de subir ata o faro no cimo da illa. En Chan da Pólvora está a zona de acampada e o noso destino será a furna do Burato do Inferno.
Na punta máis meridional, desde o miradoiro de Fedorentos, a nosa vista deleitase na illa de Onza e Illas Cíes. Pola costa leste pasamos polos núcleos de poboación habitados de O Pereiro e Canexol (coa capela primixenia de San Xaquín) para finalizar no embarcadoiro da illa.

Ver más external

Praia preto do peirao.
Furna marina na parte sur-occidental da illa.
Campamento de traballos medioambientais da Xunta de Galicia.
Núcleo de poboación.
Zona no altiplano ao sur da illa onde está a zona de acampada.
Cruces nos arredores do Burato do Inferno.
Faro da illa de Ons situado no monte Cucorno, a 128 m de altitude.
Fonte na costa occidental, a altura do faro.
Miradoiro no sur da illa con vistas sobre Onza e as Cíes.
Pequeno núcleo de poboación ao norte da illa.
Núcleo do poboación no leste da illa.
Paseo que vai desde o peirao ata a praia Area dos Cans.
Embarcadoiro da illa na Punta do Almacén.
Pequeño bosquete de piñeiros no sur da illa.
Areal no lugar de Canexol, no leste da illa.
Areal nudista no norleste da illa.
Punta norte da illa.
Punta na zona norte da illa.
Igrexa na Punta do Almacén.
Recinto de acampada gratuíta no Chan da Pólvora.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta