-
-
894 m
380 m
0
3,3
6,6
13,12 km

Vista 997 veces, descargada 3 veces

preto de Tibo, Viana do Castelo (Portugal)

Operación Cachena

O 1 de abril de 2017, ás 12 da mañá, comenzou na pequena aldeiña de Tibo (Arcos de Valdevez) unha importante misión coñecida como Operación Cachena.
Foi levada a cabo polos superaxentes: Ana, Carlos, Diego, Ismael, Laura, Manolito, Olga e Rogelio.
Ignorando os malos pronósticos metereolóxicos e os consellos dunha atenta experta do lugar que insistiu en que o camiño se atopaba intransitable, os intrépidos superaxentes botáronse ao monte, ansiosos por conseguir o seu obxetivo.
Descenderon polo coñencido como Trilho da mestura das aguas, paralelo ao río Peneda.
As partes anegadas do camiño polas cristalinas aguas que baixaban da montaña, obrigaron aos membros da expedición a por en práctica a súa pericia.
Tampouco se botaron atrás cando dúas vacas de raza cachena, alertadas polas intencións culinarias do grupo, intentaron sen éxito, exhibindo os seus impoñentes cornos, abortar a misión.
As impresionantes vistas do canón do río máis unha pequena parada para repoñer forzas, animaron o descenso ata que lograron divisar a mestura do río de Castro Leboreiro co río Peneda, a mestura das aguas.
A partir de aquí, comenzou a parte máis dura do camiño, unha esixente subida que en varios sitios houbo que facer polos carreiriños que as cachenas abriron polo medio dos toxos e das gatuñas.
Todo o esforzo da subida, viuse recompensado primeiro, coa beleza das vistas do canón do río Peneda e a continuación, un pouco máis arriba do val da Peneda.
Amezados polo frío, comenzou o descenso ao punto de partida, primeiro por un tramo asfaltado que parte do grupo tivo a tentación de empregalo ata o final.
Completada a primeira parte da misión, os axentes desplazaronse nos seus vehículos desde Tibo ata a Branda da Abeleira, onde a máis de 1000 metros de altura e a 3 graos centígrados, nun moderno e acolledor restaurante, esperábaos o ansiado obxetivo, a carne da cachena; unha estupenda cea dun grupo de amigos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta