Coordenadas 2127

Fecha de subida 21 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
831 m
371 m
0
5,4
11
21,66 km

Vista 1926 veces, descargada 147 veces

preto de Castro Caldelas, Galicia (España)

Castro Caldelas conserva coma unha alfaia os seus bosques de carballos e castiñeiros que nós teremos a ocasión de coñecer neste roteiro ideado polo establecemento vegano de turismo rural Caserío da Castiñeira e promovido polo concello caldelano. A nosa andaina levarános polo maravilloso souto da parroquia de Poboeiros, polas ribeiras do río Edo cos seus muíños e asemesmo ao carón de monumentos testumuñas do medievo como son os mosteiros de San Paio de Abeleda e San Xoán de Camba, sen esquecer o impoñente castelo no centro urbano de Castro Caldelas, de onde parten os dous aneis (16 e 5 Km) que conforman o percorrido do sendeiro.

Dos panéis informativos chantados ao longo do traxecto, entresacamos:

-Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas

Un dos maiores atractivos de Castro Caldelas é a súa paisaxe: prados, viñedos, soutos e bosques que achegan biodiversidade e abasteceron aos seus habitantes durante séculos nunha economía de subsistencia. Aquí, a auga en diferentes formas (fontes, ríos, fervenzas ou augas minero-medicinais) flúe por tódalas partes, e adquire un protagonismo vital ao longo do percorrido.

Esta ruta intérnate nestas paisaxes cheas de vida, e dache a coñecer o patrimonio etnográfico que creceu unido a eles: corredoiras, muíños, arquitectura relixiosa e antigas construcións de uso rural.

-O souto de Poboeiros

O castiñeiro é unha árbore autóctona en Galicia, e sábese que os seus froitos xa se colleitaban polos pobos prehistóricos. O seu cultivo introduciuse máis tarde polos romanos, e durante xeracións supuxo unha subministración vital de alimento para persoas e animais, e de madeira de gran calidade para a construcción de casas e apeiros de labranza.

Un souto é unha plantación de castiñeiros, e no de Poboeiros hainos centenarios e de gran porte. entre eles crecen tamén carballos, dos que se obtiña leña como combustible e landras como alimento para animais.

-Ribeiras do río Edo (Ruta dos Muíños. É un treito do anel curto)

As ribeiras do río acompañannos nun agradable paseo que comeza na área fluvial de Ponte das Táboas. Ao longo da senda pódense ver outras xoias do patrimonio etnográfico, como o muíño de A Costa do Vao, ou disfrutar da vexetación que forma un bosque de ribeira e da fauna que habita o mesmo

-Mosteiro de San Paio de Abeleda

Construido no século XII, foi en tempos un dos máis importantes da Ribeira Sacra, pero o seu abandono trala Desamortización de Mendizábal (século XIX) e os espolios no século XX levárono ao estado de ruína actual. Despois do abandono do mosteiro a igrexa seguiu sendo parroquia, ata que o despoboamento propiciou o peche en 1972.

A igrexa é unha construción dunha soa nave e tres corpos. Foi reformada no século XIV, pero aínda conserva elementos románicos orixinais. Garda no seu interior capiteis policromados con flores e monstruosas quimeras. O claustro e as dependencias monacais resistiron ao tempo aínda menos que a igrexa, e áchanse moi deteriorados.

-Igrexa de Santa Tegra de Abeleda

Este templo con arcos de medio punto data do século XVIII. No seu interior alberga tres fermosos retablos e a imaxe da Virxe da Luz, en cuxa honra se celebra o primeiro domingo de agosto unha vistosa romaría. Nela destaca a Danza das Cocas, de orixe ancestral e chea de colorido, na que oito Danzantes e unha parella de xigantes coñecidos como As Cocas bailan ao son das gaitas.

-Reitoral de Poboeiros

Poboeiros é unha aldea cun amplo pasado (xa mencionada en documentos do século XIII), dedicada históricamente a agricultura e á gandería. Entre as súas casas destacaba a reitoral, de mellor manufactura que o resto, signo do poder da Igrexa ao longo dos séculos sobre campesiños e labregos. A pesar do seu abandono para mediados do século XX e do seu estado ruinoso actual, aínda hoxe pode albiscarse o antigo poderío da súa estrutura.

A igrexa de Poboeiros é pequena e sinxela. Na fachada aparece labrada a inscrición "ESTA IGLESIA ES REFUGIO SAGRADO", de modo que, segundo o antigo dereito de asilo en sagrado, os perseguidos pola xustiza podían acollerse a súa protección.

-Igrexa de San Xoán de Camba

Durante longo tempo foi unha importante abadía e Real Mosteiro dúplice, cunha comunidade de homes e outra de mulleres. A súa fundación no século X foi obra de Diego I, bispo de Ourense. Desta primitiva construción visigótica só se conservan tres pezas: unha xanela xerminada e dous relevos dos séculos X e XI (unha adoración e unha flaxelación), gardados no Museo Arqueolóxico de Ourense.

A igrexa actual, bastante máis recente, atesoura algunhas pezas artísticas de gran valor. A súa gran torre data de 1779, pero conta cunha sancristía subterránea sen dúbida máis antiga. Aquí apareceron varios sartegos antropoides con moedas de Constantino o Grande (século IV) no seu interior, o que dá conta dos séculos de historia neste lugar.

Ver más external

Lugar no concello de Castro Caldelas.
Área recreativa en Castro Caldelas.
Área recreativa as beiras do río Edo.
Camiño por medio do bosque no lugar de O Sabugueiro.
Ermida en Vilaverde, Castro Caldelas.
Lugar de Castomás, na parroquia de Poboeiros.
Concello na provincia de Ourense.
Congostra entre Castro Caldelas e Vilaverde.
Congostra en Vilaverde.
Congostra en Soutelo.
Congostra n´A Touza.
Congostra no lugar de Castomás, na parroquia de Poboeiros.
Congostra en Ponte Táboas.
Fonte de auga potable no casco urbano de Castro Caldelas.
Fonte de auga potable no lugar de O Sabugueiro.
Igrexa parroquial de Poboeiros, Castro Caldelas.
Igrexa de Santa Tegra de Abeleda, do século XVIII.
Mosteiro do século XII, que foi en tempos un dos máis importantes da Ribeira Sacra.
Mosteiro fundado no século X, con igrexa máis recente.
Muíño hidráulico no río Edo.
Muíño hidráulico no río Edo.
Muíño hidráulico no río Edo.
Muíño hidráulico no río Edo.
Lugar de Castro Caldelas. Ten unha Casa Grande.
Lugar en Castro Caldelas.
Lugar en Castro Caldelas.
Parroquia do concello de Castro Caldelas.
Ponte sobre o río Edo.
Ponte medieval sobre o rego de Porto ou do Batán, entre A Touza e o lugar de O Río.
Pontillón sobre o rego Sanxurxo.
Pontillón sobre o río Edo.
Pradaríos ao sur do casco urbano de Castro Caldelas.
Pequeno regueiro afluente do río Sanxurxo.
Rego do Porto ou do Batán. Afluente do río Edo.
Casa reitoral de Poboeiros.
Río que atravesa Castro Caldelas e desemboca no Sil.
Aldea abandonada en Castro Caldelas.
Ruta dos Muíños de Castro Caldelas. Agora forma parte do Sendeiro Os Bosques Máxicos.
Carreiro de pescadoras polas beiras do río Edo.
Lugar de Castro Caldelas.
Bosque de castiñeiros.
Importante bosque de castiñeiros en Poboeiros, Castro Caldelas.
Importante bosque de castiñeiros en Poboeiros, Castro Caldelas.
Lugar de Castro Caldelas.

4 comentarios

  • Foto de caseriodacastineira

    caseriodacastineira 01-dic-2017

    muy bien documentada!!! ,muchas gracias por venir y por compartir tus comentarios y tus fotos
    Un saludo!

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 01-dic-2017

    Gracias a ti, Manuel, por ser o artífice deste roteiro.

  • Alf9969 10-jul-2018

    No la hicimos completa, nos faltó la parte final tras pasar de vuelta por el pueblo, por falta de tiempo.
    La ruta es preciosa y está perfectamente indicada, el trabajo de conservación de la misma es muy bueno; la información aportada por jesussimon muy abundante e interesante.
    Nosotros la hemos hecho en verano (julio) y comenzamos muy tarde (casi las 10:30) por lo que los insectos han resultado un poco molestos, sobre todo durante la segunda mitad; pero el hecho de que la mayor parte del recorrido sea en zona arbolada hace que sea una ruta ideal para el verano (eso sí, comenzando más temprano, sobre las 08:00).
    En cualquier caso, y considerando el tipo de bosque que se recorre, realizar la ruta en otoño debe ser un escándalo, aunque habrá que contar con encontrar bastantes zonas embarradas, lo que no supondrá ningún problema llevando el calzado adecuado.
    Enhorabuena a los responsables de la ruta y gracias por subirla.

  • Foto de Felt carbono

    Felt carbono 26-ago-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    ESPECIALMENTE ESPECTACULAR

Si quieres, puedes o esta ruta