Tempo  5 horas 46 minutos

Coordenadas 1748

Fecha de subida 19 de agosto de 2013

Fecha de realización agosto 2013

-
-
316 m
-11 m
0
4,1
8,1
16,26 km

Vista 4586 veces, descargada 184 veces

preto de Mugia, Galicia (España)

O peregrino que chega a Compostela pode continuar o seu periplo ata a Costa da Morte para acadar o Finis Terrae.
Pasado Olveiroa o Camiño bifúrcase na aldea de Hospital, a ruta máis ao norte, que pasa por Dumbría, leva a Muxía, ao Santuario de A Virxe de A Barca. Se en Hospital collemos cara a esquerda, a senda xacobea lévanos por Cee e Corcubión para rematar en Fisterra.
Amais existe a ruta que une Muxía con Fisterra, pechándose o triangulo.

Este roteiro proposto pola contorna de Muxía transcorre primeiro polo Camiño que chega a Muxía desde Dumbría e ao chegar a igrexa románica de San Xiao de Moraime afástase (con un chisco de asfalto) procurando o treito que conecta Muxía con Fisterra, pasando por Xurarantes. Deseguido abandonamos os Camiños para subir ata o Facho de Louredo, onde gozaredes dunhas engaloiantes vistas panorámicas con Muxía aos pés e enxergando ao lonxe o faro de Cabo Vilán.
Baixamos ata a praia de Louredo e, costeando no posible, poñémonos no santuario mariano de A Virxe de A Barca arrodeado de senlleiras pedras cargadas de rituais máxicos.

Ver más external

foto

Camiño da Pel

Antigo camino de chegada ao santuario de A Virxe de A Barca. Por mor da peste o Camiño Real estaba prohibido aos peregrinos.
foto

Camiño de Santiago

Camiño Xacobeo que partindo da aldea de Hospital, en Olveiroa, pasa por Dumbría e acaba en Muxía.
Waypoint

Campo de futbol

Campo de fútbol de Muxía.
Arquitectura religiosa

Capela San Roque

Ermida situada entre Chorente e Moraime.
Waypoint

Chorente

Aldea de Muxía pola que pasa o Camiño de Santiago.
Waypoint

Comezo

Inicio do percorrido no aparcadoiro situado a entrada de Muxía, por riba da praia da Cruz.
foto

Cruceiro

Cruceiro no campo da festa da capela de San Roque.
panoramica

Facho de Lourido

Mirador situado en Lourido, Muxía, con abraiantes vistas sobre a Costa da Morte. Antigamente aquí prendianse os fachos para orientar aos navegantes ou avisar da chegada de piratas.
panoramica

Lourido

Lugar da parroquia de Moraime, Muxía. Conta cunha fermosa praia.
panoramica

Mirador

Mirador situado no Camiño da Pel, por riba do santuario de A Virxe da Barca.
foto

Moraime

Parroquia do concello de Muxía pola que pasa o Camiño de Santiago.
Avituallamiento

Muxia

Concello da comarca de Fisterra, na Costa da Morte.
Waypoint

Pasarela

Pasarela de madeira na praia de Espiñeirido.
foto

Pedra dos Cadris

Rocha cunha oquedade inferior pola que pasan as personas para facer un ritual.
árbol

Piñeiral

Bosque de piñeiros polo que pasa o Camiño de Santiago.
amarre

Porto Muxia

Porto pesqueiro e deportivo no concello de Muxía.
Praia

Praia da Cruz

Praia ao carón do núcleo de Muxía. Aquí comezamos o noso percorrido.
Praia

Praia de Espiñeirido

Praia preto do centro de Muxía. Por ela pasa o Camiño de Santiago.
Praia

Praia de Lourido

Praia no lugar de Lourido (Moraime), lindando xa co núcleo de Muxía.
Arquitectura religiosa

San Xiao de Moraime

Parroquia de Muxía cunha importante igrexa románica. Por aquí pasa o Camiño de Santiago.
Arquitectura religiosa

Santa Maria de Muxia

Igrexa parroquial de Muxía.
Arquitectura religiosa

Virxe da Barca

Santuario mariano en Muxía destino de peregrinacións xacobeas.
panoramica

Vistas

Vistas panorámicas desde Lourido sobre Muxía e Cabo Vilán, na Costa da Morte.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta