Coordenadas 79

Fecha de subida 14 de febrero de 2012

-
-
663 m
529 m
0
0,7
1,4
2,87 km

Vista 4633 veces, descargada 25 veces

preto de Gález, Galicia (España)

Partiremos da estrada entre Olín e a área de lecer de As Perdices, por unha pista de terra pola que ascenderemos 1500 metros ate un cruzamento onde nos desviaremos á esquerda. Seguiremos ate divisar o Castelo da Pía da Moura, ao que se acede por un pequeno carreiriño que serpentea entre as árbores e os bolos graníticos. Perderémonos entre a multitude de recovecos que forman o castelo, e escalaremos ata a Pía da Moura para cotemplar unha magnífica estampa da Serra do Xurés.
De seguido tornaremos á pista principal para descender ata o poboado fortificado da Cultura Castrexa de Os Castelos. O feito de que non estea escavado nin posto en valor, require que sexamos algo intrépidos para poder abordalo. O roteiro continua pola pista que descende ao punto de partida.
Se nos queda algo de tempo, é recomendable achegarse ao Pozo Caído, unha espectacular fervenza que a natureza nos regala no inquieto e saltarín río da Montaña.
Asentamento fortificado, ubicado nun outeiro destacado coroado cun tremendo bolo granítico. As características do entorno, posición dominante e restos construtivos, indican que se trata dun castelo rocheiro medieval. A fortificación distribúese aproveitando as defensas naturais do prominente afroramento rochoso e enchendo as fallas volumétricas do resto con aparello de pedra, sendo aínda visibles os cortes na rocha nai e os rebaixes na mesma para asentar os perpianos. En todo o arredor do afroramento aprézanse abundantes restos construtivos do castelo, escadas de aceso ao mesmo e diferentes ocos entre as rochas que poideron funcionar como abrigos naturais. Na cima do castelo, atópase un alxibe escavado na rocha, de moi dificil aceso, ó que a lenda atribúe o seu traslado a unha moura que o levaba na súa cabeza mentres fiaba liño, de aí que se coñeza como a Pía da Moura.
Pequeno castro dos inicios da Cultura Castrexa Galaica, ubicado nun idílico entorno de outeiros descarnados pola erosión e bolos graníticos que forman unha paisaxe caótica. O asentamento castrexo mostra un recinto fortificado, cunha muraia pétrea de máis dun metro de espesor que protexe ao poboado polo lado leste. Esta muraia adosa contra os tremendos bolos graníticos que se amosan infranquexables desde o exterior. Polo lado oeste luce outra pequena muraia que integra os dous afroramentos rochosos no seu paramento. A un nivel inferior, presenta un aterrazamento polo leste protexido cun parapeto defensivo. No interior do recinto fortificado son visibles abundantes restos pétreos de material construtivo e a coroación de dous espazos habitacionais de planta circular. Tamén son apreciables abundantes fragametos de cerámica castrexa.
Para descanso e relax despóis da camiñata. Comprende tamén unha zona natural acondicionada para baño.
O saltarín río da Montaña en estado puro

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta