Tiempo en movimiento  2 horas 49 minutos

Tempo  3 horas 7 minutos

Coordenadas 1726

Fecha de subida 2 de octubre de 2019

Fecha de realización octubre 2019

-
-
70 m
-6 m
0
2,4
4,8
9,52 km

Vista 36 veces, descargada 2 veces

preto de Barcala, Galicia (España)

Percorre os lugares nos que viviu o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón (1962-1986).
En vida deixou publicados os poemarios “Os días olvidados” e “O Corpo e as sombras”, e o “Libro das viaxes e dos soños”. Postumamente viu a luz “A morte presentida”, o derradeiro conxunto de poemas. No ano 2016 foi proposto para Día das Letras Galegas.
foto

Inicio

CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN Había aquí leiras de millo ás que íamos sachar polos veráns e un bosque de abeláns. Aínda quedan algunhas. Tamén houbo no lugar durante a Idade Media un pazo que foi dos Soutomaior, descendentes de Paio Gómez Chariño, señor destas terras que pertenceron a Rianxo ata o século XIX. Chámase aínda hoxe O Pazo e se remexemos nos arrós atopamos as tellas da edificación. No salón de actos do centro entrégase o “Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón”.
foto

Cruceiro de Gradín

foto

Lavadoiro de Tarrío

Edificio de interés

A casa de Eusebio

CASA DE TARRÍO Aquí naceu Eusebio o 25 de xaneiro de 1962. Morreu nesta casa o 14 de decembro de 1986. A Asociación de Escritores en Lingua Galega colocou unha placa na fachada como homenaxe ao poeta. A aldea aparece nos seus versos “Mal coñecín a sombra dos meus pasos,/ lugares nun relanzo onde medrar a hedra/ abeirado da chuva do tarrío con néboa”. Velaquí os lugares familiares nos que se criou Eusebio, a Eira e a Eira do Hórreo, o lavadoiro, o medeiro de Gradín, a Fonte e a outra Fonte de Vera, os camiños e as corredoiras da aldea.
foto

Tarrío.

A Eira, A Eira dos Hórreos...
Edificio de interés

Pazo de Tarrío

Á beira da casa érguese o PAZO DE TARRÍO. Fundárono en 1567 Antonio Ballesteros, rexedor da cidade de Santiago, e a súa dona. A principios do século XVIII a herdeira do pazo casou con Cachamuíña, o heroe da Guerra da Independencia en Galicia. O escudo dos Ballesteros figura na parede norte con dúas béstas cruzadas, vieiras e estrelas en cruz. Na actualidade é propiedade de Juan Ramón Quintás, prestixioso economista que participou na elaboración do Estatuto de Galicia. Ten planta angular e unha gran torre. Enriba dunha fermosa fonte cunha pérgola hai unha imaxe do Santo Antón, o santo casamenteiro ao que as mozas lle ataban as mans cunha fita. Están tamén os pazos en varios lugares da obra de Eusebio, os de Pedrayo, os nosos. Eusebio viviu aquí aos pés dos muros do Pazo de Tarrío.
fuente

Fonte de Tarrío

Edificio de interés

A casa do Brañeiro

É a casa dun indiano, o Brañeiro, cunha fermosa fonte ao fondo dunha escaleira de pedra que ten inscrita a data de 1910. Nunha das dependencias gardábase un vello Chevrolet do que aínda quedan os ferros oxidados. No xardín había unha gran gaiola de madeira para os paxaros e medraban buxos, mandarinas, milgrandeiras e camelias.
foto

A aldea de Tarrío.

Edificio de interés

A Escola de Chenlo

Ata a escola de Chenlo, onde estudou, subíase pola Banda, un camiño que pasa á beira da casa dun indiano, o Brañeiro, cunha fermosa fonte ao fondo dunha escaleira de pedra que ten inscrita a data de 1910. Nunha das dependencias gardábase un vello Chevrolet do que aínda quedan os ferros oxidados. No xardín había unha gran gaiola de madeira para os paxaros e medraban buxos, mandarinas, milgrandeiras e camelias. Facíamos xabón fregando as flores nas mans. Quizais o texto de Eusebio se refira a elas e a este camiño da escola: “O recendo da camelia mollada enchía de luz o camiño”. Desde a atalaia de Chenlo divísase o val do Ulla e as Brañas de Laíño. Podíanse ver daquela aínda polo río as velas brancas.
Ruinas

Muiño do Vento.

Non era de abanos fixos coma os que se restauraron nos concellos veciños de Valga e de Catoira, senón que levaría unha cuberta móbil cónica, cun entramado xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a direción do vento. O movemento transmitíase a un eixe e a unha ou dúas pedras de moer. Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga. Manuel Lorenzo Baleirón.
foto

Fonte da Igrexa

A Fonte da Dea da Igrexa, ten nos laterais cadanseu motivo decorativo vexetal de trazos esquemáticos. Minimalismo dos nosos canteiros. Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga Manuel Lorenzo Baleirón
Edificio de interés

Reitoral de San Xián de Laíño

Actualmente, despois de restaurala, é Centro de Día para maiores.
foto

Reitoral

Entrada, agora ó Centro de Día
foto

CEMITERIO E IGREXA DE SAN XIÁN DE LAÍÑO

Aquí foi enterrado Eusebio. Na lápida pódense ler uns versos seus: “En ti comparto os días e os silencios,/as mañáns transparentes, as futuras”. Con motivo da celebración do certame de poesía que leva o seu nome vénselle facer cada ano no mes de decembro unha ofrenda floral. A igrexa é de mediados do XVIII, de estilo barroco cun fermoso retablo dedicado a San Xián.
foto

Cruz de Rial de Lagoa

RIAL DE LAGOA O Rego de Manselle, que pasa por Rial, está cheo de vellos muíños: O do Can, o de Rial, o do Batán, o de Chacón… Enriba da fonte da aldea érguese a cruz dun cruceiro que leva inscrita a data de 1603, o máis antigo do concello. Quizais son restos do antigo cruceiro do Bazoco, derrubado por un ciclón a principios do século pasado.
foto

As Brañas de Laíño

AS BRAÑAS DE LAÍÑO Están nos versos de Rosalía e tamén nos escritos de Anxo Angueira e de Eusebio: “Cando outono pasaba de camiño das brañas”. Ameneiros, vimbieiras, regos, espadanas, canavais polos que cruza a sombra da auga… son nomes que podemos atopar nos seus poemas, referidos sen dúbida a este espazo das Brañas de Laíño, que nos identifica. Nelas viven as derradeiras parellas dunha subespecie da Escribenta das canaveiras así como outras aves en perigo de extinción coma a Folosa Acuática ou o Picanzo Vermello. Durante séculos as Brañas foron exemplo de aproveitamento dun espazo comunal por parte das nosas xentes, antes de seren arrebatados pola Lei de Costas. Eran famosos no século XIX pola súa carne os bois cebóns de Laíño, e xa no século XX, as vacas alimentadas coa herba destas campías permitiron a creación das cooperativas leiteiras anteriores á Guerra Civil. Unha delas aparece maxistralmente retratada na Pensa Nao de Anxo Angueira. Eusebio ten ido pescar ao río grande, o Ulla, e tense bañado nos esteiros.
Observación de fauna salvaje

Garcetas, vacas e bois de Laíño

Parque

O Bosque

Río

RÍO DE SAN LUFO

Levábanse alí os pícaros para curalos do “mal do aire”. Somerxíanse tres veces na auga e deixábase ir a roupa polo río abaixo. Se aboiaba, o rapaz sandaba. Fixéronlle o ritual a algún amigo de Eusebio. Está recolleito a mediados do século XVIII por Sarmiento. Á dereita deixamos a Igrexa de Santa María de Dodro, do XVIII, cun magnífico retablo de Simón Rodríguez. Méndez Ferrín imaxinou nestas terras o mosteiro de Dodro Vello.
Edificio de interés

Hórreos na aldea de Vigo

Edificio de interés

Torre de Bendaña

PAZO DE BENDAÑA A Torre ou Casa do Marqués fíxose en estilo barroco nos séculos XVII e XVIII. Pertencía ao Marqués de Bendaña señor do Couto de Dodro. Ata cinco escudos chegou a ter, dos que resta tan só un. O gran torreón coa balaustrada magnífica e os escudos foron espoliados nos primeiros anos do franquismo e están agora no Pazo de Meirás. Conta unha antiga tradición que os veciños de Dodro estaban obrigados a levar nun palafrén ao marqués á misa na igrexa de Santa María, ata que fartos dos seus abusos botárono ao río de San Lufo. Consérvase a canle de pedra que traía a auga desde o monte para o pazo. Do lado de riba del fíxose nos anos sesenta unha granxa cinexética, a Paxareira, onde se criaban perdices e colíns de Virxinia e había corzos ceibos polo monte. Tamén ten acudido a velos Eusebio cos amigos de aquel tempo.
foto

Canle de Pedra Para a Torre de Bendaña

foto

A Paxareira.

A Paxareira, onde se criaban perdices e colíns de Virxinia e había corzos ceibos polo monte. Tamén ten acudido a velos Eusebio cos amigos de aquel tempo.
foto

Souto de Reboiras

panoramica

Vista desde Reboiras

foto

O Pozo do Conxeiro

Este pozo usábase para afogar o liño de nove a quince días antes de poñelo a secar para despois mazalo. No tempo de Eusebio xa non se botaba o liño polo que din os vellos, pero coma no caso do "liño de María" de Anxo Angueira, hai tamén referencia a el nos seus poemas: "As abellas saíndo devagar nos cortizos/ e un tecido de liño que separaba as follas"
foto

Hórreo no Rueiro

foto

Muíño da Ponte Quinteira

foto

Remate da Ruta

Campo de xogos do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta