Tempo  4 horas 51 minutos

Coordenadas 2991

Fecha de subida 18 de abril de 2017

Fecha de realización abril 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
685 m
384 m
0
3,5
6,9
13,84 km

Vista 1390 veces, descargada 15 veces

preto de Doade, Galicia (España)

Galego e castelán

Galego
Saímos do lugar de Os Palleiros, no concello de Monforte e rematamos a ida en Doade, no concello de Sober. O percorrido está bastante ben sinalizado nos dous primeiros quilómetros, pois forma parte dun PRG entre Doade e Augasmestas. Na primeira parte camiñaremos por unha pista de terra que nos leva á dereita máis abaixo, cando xa comezamos a ver o canón do Sil. Monte baixo e piñeiros para seguir con castiñeiros, carballos, bidueiros... ata chegar á ladeira con maior pendente, case de carreiro de cabras, cunhas vistas impresionantes do río Sil e os sucalcos coas viñas, exemplo da chamada viticultura heroica. É aquí onde a sinalización case desaparece porque a vexetación pecha o camiño e non é doado distinguir as sinais. Aínda así, con dificultade, pero pódese pasar. Despois das fontes de San Xermunde e do Miradoiro da Pena do Castelo coa capela de San Mauro, chegaremos ao souto de Valguaire cos seus castiñeiros milenarios, aínda que algúns atópanse bastante afectados por enfermidades, é unha mágoa que o monte de piñeiros que está ao carón lle quite a luz ás árbores estas, xa que as máis próximas aos piñeiros xa secaron hai tempo. En Doade hai varios lugares para xantar, e tamén adegas da denominación de orixe Ribeira Sacra. Podemos achegarnos, a menos de 1 km., ao Priorato de Doade -case en ruína- que coa desamortización de Mendizábal pasou a mans privadas e, moi preto, á Igrexa parroquial de San Martiño, dos séculos XVII - XVIII.
A volta farémola collendo á dereita un pouco antes do miradoiro da Pena do Castelo -está sinalizado como "Mirador do Duque"- e por ese camiño imos descendendo ata atopar as viñas. Deberemos estar atentos á sinalización que non é a normalizada para as rutas; unha frecha branca. Xa próximos ao miradoiro do duque atoparemos unha bifurcación; un camiño que sube e outro que baixa. No ascendente hai pintada unha cruz nunha pedra grande que supostamente indicaría que non é por aí a ruta, con todo si debemos continuar por esa pista pois é a que nos levará ao Miradoiro do Duque.
Para chegar a Os Palleiros debemos seguir a estrada que sube e que nos conducirá ao lugar onde deixamos o automóbil.

Castellano

Salimos del lugar de Os Palleiros, en el ayuntamiento de Monforte y finalizamos la ida en Doade, en el ayuntamiento de Sober. El recorrido está bastante bien señalizado en los dos primeros kilómetros, pues forma parte de un PRG entre Doade y Augasmestas. En la primera parte caminaremos por una pista de tierra que nos lleva a la derecha más abajo, cuando ya comenzamos a ver el cañón del Sil. Monte bajo y pinos para seguir con castaños, robles, abedules... hasta llegar a la ladera con mayor pendiente, casi de sendero de cabras, con unas vistas impresionantes del río Sil y las terrazas con los viñedos, ejemplo de la llamada viticultura heroica. Es aquí donde la señalización casi desaparece porque la vegetación cierra el camino y no es fácil distinguir las señales. Aun así, con dificultad, pero se puede pasar. Después de las fuentes de San Xermunde y del Mirador de la Pena del Castelo con la capilla de San Mauro, llegaremos al soto de Valguaire con sus castaños milenarios, aunque algunos se encuentran bastante afectados por enfermedades, es una lástima que el monte de pinos que está a un lado le quite la luz a los árboles estos, ya que las más próximas a los pinos ya secaron hace tiempo. En Doade hay varios lugares para almorzar, y también bodegas de la denominación de origen Ribeira Sacra. Podemos acercarnos, a menos de 1 km., al Priorato de Doade -casi en ruina- que con la desamortización de Mendizábal pasó a manos privadas y, muy cerca, a la Iglesia parroquial de San Martiño, de los siglos XVII - XVIII.
La vuelta la haremos cogiendo a la derecha un poco antes del mirador de la Pena do Castelo -está señalizado cómo "*Mirador del Duque"- y por ese camino vamos descendiendo hasta encontrar las viñas. Deberemos estar atentos a la señalización que no es la normalizada para las rutas; una flecha blanca. Ya próximos al mirador del duque encontraremos una bifurcación; un camino que sube y otro que baja. En el ascendente hay pintada una cruz en una piedra grande que supuestamente indicaría que no es por ahí la ruta, con todo sí debemos continuar por esa pista pues es la que nos llevará al Mirador del Duque.
Para llegar la OsPalleiros debemos seguir la carretera que sube y que nos conducirá al lugar donde dejamos el automóvil.

Ver más external

Manantial de auga do que existe unha lenda, como en outras fontes, que fala dunha dona encantada.
Igrexa de San Martiño de Doade que seguramente é de orixe románico pero que foi reformada e reconstruída no século XVIII.
Miradoiro enriba do canón do Sil cunhas impresionantes vistas.
Remate e comezo da ruta preto da aldea dos Palleiros. É doado atopar sitio para deixar o coche
Miradoiro do canón do Sil no que hai unha pequena capela en honra de San Amaro, ou San Mauro, en lembranza de outra antiga que desapareceu tempo atrás.
Souto de castiñeiros milenarios que están en perigo de desaparición polas enfermidades que teñen e o pouco coidado que reciben.

1 comentario

  • lolecho 25-abr-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Moi boa ruta, impresionantes paixaxes, e duas partes do percorrido moi diferenciadas dado que a primeira parte faise por zona boscosa e a segunda po lo medio das viñas, en ambas se chega a dous miradores con distintas e inmellorables vistas, en fin que non ten desperdicio.

Si quieres, puedes o esta ruta