Descargar

Distancia

14,48 km

Desnivel positivo

266 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

214 m

Altitud máxima

1.251 m

Trailrank

32

Altitud mínima

1.041 m

Trail type

Solo ida

Coordenadas

292

Fecha de subida

14 de febrero de 2012

Envía a tu GPS

Descarga rutas de Wikiloc directamente a tu Garmin, Apple Watch o Suunto.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Envía a tu GPS Envía a tu GPS
Sé el primero en aplaudir
1 comentario
Compartir
-
-
1.251 m
1.041 m
14,48 km

Vista 4456 veces, descargada 30 veces

preto de Bangueses de Abajo, Galicia (España)

Partiremos de Outeiro de Augas cara ao menhir das Catro Cruces, con gravuras prehistóricas e cruces medievais de divisións de parroquias. De seguido, chegaremos ao gran túmulo funeraio de A Mota e continuaremos ata o foxo do lobo, unha trampa de orixe medieval para apañar ao lobo logo dunha gran montaría comunitaria. Continuremos ascendendo cara a Portela de Pau divisando a gran necrópole Neolítica de Penedos da Canteira, que representa de xeito marabilloso a magnitude megalítica do planalto do Leboreiro, serra intensamente monumentalizada que alberga unha das concentracións de túmulos máis potentes do continente.
En vrebe aboraremos a Portela de Pau, onde se atopa a Mota Grande, o Menhir, os dolmens, e gozaremos de esplendidas vistas neste apaixoante espazo sagrado.
Durante o regreso iremos contemplando a paisaxe e observando a gran cantidade de fauna doméstica en réxime de semiliberdade, que as veces se mistura coa salvaxe: garranos, cachenas, corzos, rapaces, lobos, xabaríns...
Waypoint

Menhir das Catro Cruces

  • Foto de Menhir das Catro Cruces
Pedrafita de orixe prehistórico que na Idade Media foi reempregada como marco de división de catro parroquias representadas con cruces.
Waypoint

A Mota

  • Foto de A Mota
Túmulo megalítico de grandes dimensións, construído no 3º milenio antes da nosa era para enterramentos de inhumación.
Waypoint

Foxo do Lobo

  • Foto de Foxo do Lobo
Trampa para lobos de orixe medieval moi deteriorada.
Waypoint

Necrópole Megalítica de Penedos da Canteira

  • Foto de Necrópole Megalítica de Penedos da Canteira
Necrópole neolítica composta por once túmulos funerarios con gran variedade de cámaras.
Waypoint

Mota Grande

  • Foto de Mota Grande
Monumento funerario de enterramento colectivo que data do III Milenio antes da nosa era; época prehistórica coñecida como Megalitismo (do grego, mega: grande; lytos: pedra). Componse dun gran túmulo de terra, que agocha no seu interior unha cámara de grandes pedras (dólmen), con cinco ortostatos chantados que forman unha anta poligonal tapada cunha gran lousa plana, e un corredor de entrada tamén cuberto con lousas. Esta mota, ven sendo unha das máis grandes do país, con 52 metros de diámetro, 4.000 m3 de volume e case catro metros de altura. O complexo mundo dos mortos, do máis alá e dos rituais comeza a espertar paixóns no Neolítico. As sociedades desenvolven complexos sistemas de culto á morte, onde a simboloxía e as ofrendas xogan un papel fundamental. No interior dos chantos da Mota Grande, como en tantas outras mámoas, están representados multitude de símbolos artísticos que falan dese respeto e veneración polos mortos. Aparecen gravuras e restos de pinturas en espirais, ondas, zigue-zagues, serpentiformes e outros motivos abstractos de difícil interpretación.
Waypoint

Menhir da Portela de Pau

  • Foto de Menhir da Portela de Pau
Waypoint

Dolmen da Portela de Pau

  • Foto de Dolmen da Portela de Pau
Cámara poligonal con corredor de entrada do túmulo megalítico da Portela de Pau

1 comentario

  • anxomillara 17 nov. 2020

    Bom trabalho tenho pendente facer moi interesante obrigado

Si quieres, puedes o esta ruta