Sé el primero en aplaudir
Vista 1099 veces, descargada 22 veces
preto de Gulpilleiras, Galicia (España)
23-10-2016
Estabamos citados en Vilarchao para comezar a andaina ás 9h 30'.
Baixo a carpa protectora entregáronnos os dorsais, e un mapa con perfil do percorrido que é un detalle de gran calidade.
Comezamos a marcha deste percorrido circular de 21 qm. con puntualidade e cos peores prognósticos meteorolóxicos, que afortunadamente non se cumpriron.
Algunhas consideracións.
Pasamos por Lavandeira, San Xoán, Outeiro de Rivela, Levices, Sobrado, Montecelo, Quintas e Mira dá Cima.
Entre os qms.14,7 e 18,3 pásase de 155 a 367mts.
Os camiños están moi coidados. Nun punto próximo ao km. 5 con pendente pronunciada e esvaradío polas choivas recentes, colocáronse cordas para facilitar o descenso.
Nos xiros extremos e nos cruces de estradas había voluntarios ou membros de Protección Civil colaborando.
Houbo tres avituallamientos con froita e líquidos nos puntos sinalados con wpt.
O percorrido é moi bonito e variado, desde camiños cubertos de vexetación, a trazados pola ribeira de Velle.
Hai moi pouco asfalto ou terreo duro.
Finalizamos o percorrido no mesmo lugar de comezo, a carballeira de Vilarchao. Alí esperábannos bocadillos, froita e líquidos.
En resumo é unha andaina moi ben organizada por lugares moi fermosos.
Para volver.
Waypoint
Avituallamiento 1
Waypoint
Avituallamiento 2
Waypoint
Avituallamiento 3
Waypoint
Iglesia San Xoán
Waypoint
Outeiro de Rivela
Waypoint
Vilarchao Inicio Fin
Comentarios