• Foto de Pablo Iglesias – Ponte Mantible – Pozo Da Neve
  • Foto de Pablo Iglesias – Ponte Mantible – Pozo Da Neve
  • Foto de Pablo Iglesias – Ponte Mantible – Pozo Da Neve

Coordenadas 122

Fecha de subida 16 de septiembre de 2011

Fecha de realización septiembre 2011

 Show elevation

Vista 3409 veces, descargada 18 veces

preto de Santiago de Compostela, Galicia (España)

ESCULTURA DE PABLO IGLESIAS, CÉSAR LOMBERA, 1998:
Pablo Iglesias (Ferrol, 18 de outubro de 1850 - Madrid, 9 de decembro de 1925) foi un tipógrafo que desde a clandestinidade creou un novo partido político de corte obreiro-socialista o 2 de maio de 1879 na taberna Casa Labra de Madrid. Foi presidente do PSOE dende a súa creación até que morreu. Tamén creou o sindicato UGT en 1888.
A colocación desta estatua, o 1 de maio de 1998 no parque foi promovida por UGT. Aparece representado como dando un mitin, sistema habitual de comunicación coas clases obreiras. O 1 de maio foi proclamado Día Internacional da Loita Obreira pola II Internacional (fundada en 1889, cen anos despois da Revolución Francesa, por Pablo Igrexas e outros) para lembrar que en 1886, nunha manifestación en Chicago, 6 manifestantes anarquistas foron acusados de colocar unha bomba. Xulgados e axustizados, anos despois demostrouse a súa inocencia.

ACUEDUTO DE PONTE MANTIBLE:
No ano 1122 o arcebispo Xelmírez (1068-1139) manda construír un acueduto fora da cidade para atender as necesidades de auga potable da poboación compostelana. A subministración fundamental procedía dos mananciais situados na zona de Vite, as chamadas fontes de Super Bite. De aquí, canalizadas a través de caños de pedra e salvando a topografía mediante o acueduto no barrio de Guadalupe, as augas pasaban a unha arqueta debaixo da Pastoriza, e seguían cara a Igrexa das Carmelitas, á que abastecía. Tras pasar a Porta da Pena dirixíanse ata a Igrexa de San Miguel dos Agros (que en época medieval denomínase San Miguel de Cisterna e era o depósito principal) para seguir cara aos agros de San Martiño Pinario e chegar ata a Catedral.
Era competencia do Concello da cidade a conservación do sistema desde a súa orixe nas fontes de Vite ata Porta da Pena, onde estaba situada a fonte de San Miguel. Despois repartíase entre os distintos mosteiros e fontes, sendo a reparación e mantemento da súa competencia.

SALGUEIRIÑOS – O RÍO CORGO
Este pequeno río nace en Salgueiriños, onde parta da súa canle foi recuperada recentemente pois atopábase agochada baixo novas construccións. Desemboca no río Sarela á altura do parque de Galeras, sendo o afluente máis importante deste e, tras pasar a o río Sar no Chouciño, as súas augas forman parte da conca hidrográfica do Ulla, e se verten finalmente no océano Atlántico na ría de Arousa.
É por tanto un río compostelano, xa que nace e desemboca na cidade, por onde vai concatenando unha serie de parques urbanos que se construíron preto das súas ribeiras e servindo deste modo para unir os diferentes barrios do norte da cidade polos que as súas aguas fan o seu percorrido.

SALGUEIRIÑOS – CIPRÉS DOS ILLÓS
Ciprés dos illós (Taxodium distichum)
O nome Taxodium deriva do grego Taxos (teixo) e oidos (forma) aludindo ao seu parecido co teixo, especialmente nas súas follas. O específico distichum significa dúas filas, con follas e flores opostas no talo. Esta especie é unha dás poucas ximnospermas de follas caducas.
Comunmente coñecidos como cipreses, son coníferas extremadamente tolerantes ao encharcamiento, nativas do sueste de EE.UU. É a árbore emblema de Luisiana, símbolo dos seus humidais. Foi introducido en Europa en 1640.
Son árbores grandes, chegando a 30-45 m de altura, abundantes nas ribeiras con depósitos aluviais ricos en limos. Son apreciados pola súa madeira, onde o corazón é extremadamente duro e resistente ás térmites. Unha sustancia bioquímica chamada cipresina actúa como preservativo natural na súa madeira.

POZO DA NEVE – OS POZOS DA NEVE EN GALICIA
A neve comezouse a empregar para refrescar en Mesopotamia, chegando a Galicia por medio dos romanos. Tras a caída do Imperio Romano o seu uso decaiu, pero no século XVI rexurdiu por un cambio no clima que fixo que baixasen as temperaturas.
Serán os mosteiros os que reimplantaron a actividade de facer acopio de neve, para o que constrúen dous tipos de edificios: as pozas e as neveiras. As pozas estaban situadas en zonas elevadas e frías e que servían para reunir a neve que despois trasladaríase ás neveiras, depósitos preto dos mosteiros ou mesmo formando parte de eles, que servían para conservar a neve e evitar que se derretese co sol ou coa choiva.
Para preparar a recollida da neve había que limpar a poza e a neveira de maleza e pedras en novembro. Cando cae neve suficiente para ser recollida, trasladábase á neveira, onde se compactaba.
No século XVIII hai moitas neveiras rexistradas en Galicia, a maioría delas na provincia de Santiago. Tradicionalmente, gran parte das neveiras galegas pertencían aos mosteiros, ainda que despois outras institucións como audiencias, concellos ou particulares decidiron construír as súas propias neveiras.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta