Tempo  2 horas 33 minutos

Coordenadas 869

Fecha de subida 14 de mayo de 2018

Fecha de realización mayo 2018

-
-
519 m
244 m
0
1,6
3,3
6,53 km

Vista 377 veces, descargada 5 veces

preto de Pedras de Moledo, Viana do Castelo (Portugal)

Pequeña ruta pola contorna da aldea de Parada de Lindoso (Portugal) A ruta comeza baixando cara o cañón do río Limia, con bonitas vistas sobre o río e cara as aldeas do outro lado da ladeira, como o Soajo ao fondo. Aldeas con zonas de cultivo en terrazas. O camiño cruza o río e veremos un muiño todo de pedra. Subimos polo camiño antigo que baixaba ao río dende a aldea. Pasamos por zonas de bosque e frondosidade para sair finalmente (tras unha forte pendente) á estrada. Retrocedemos por esta uns 50 metros e subimos seguindo as indicacións da ruta do penedo do encanto. Cruzamos a aldea, que é preciosa, atopándonos un lugar onde temos un lavadero, unha poza, un muiño moi orixinal, o forno e unha eira de pedra rodeada de varios muiños (o ciclo do pan aí concentrado) Imos subindo pola aldea cara a serra, sobre un camiño empedrado e baixo parrais que semella que en verán dan unha boa sombra, apoiados sobre os lovios. A cada paso que subimos imos tendo máis vistas das serras do Soajo e do Quinxo. O camiño divídese e imos cara arriba para visitar o penedo do encanto, que dentro do que é está un poco deteriorado, pero polo menos atopamos unha boa explicación nun cartel e está ben indicado. A ruta ten moitas posibilidades e pode facerse circular. Nós fixemos a volta corta polo tempo e fumos dar enriba do pozo da gola, pódese baixar por ese terraplén e sair igualmente á estrada. Ruta de 10, preciosa e moi fácil. Ollo en inverno, os camiños están cheos de auga e coa pedra poden resultar perigosos.
Waypoint

Zona sobre o ciclo do pan

Eira de pedra con canastros, muiño orixinal, forno, poza e lavadero.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta