-
-
163 m
145 m
0
0,5
1,1
2,12 km

Vista 2428 veces, descargada 31 veces

preto de Laraño, Galicia (España)

PARQUE DE BRANDÍA:
No 2003 recuperouse o espazo, dotado cunha interesante vexetación de ribeira e gran variedade de árbores e arbustos, que serven de refuxio a moitas especies herbáceas e animais. Ocasionalmente pódese ver a pegada de garzas e londras que acoden a comer os escalos á beira do río.
O Sar é o principal elemento vertebrador deste espazo verde, nun meandro do río no seu avance cara Padrón, despois de recibir as augas do Sarela. O percorrido polo parque faise a través de sendeiros enlazados dende os que se goza do río e dun fermoso xogo de niveis, ramplas e noiros tapizados de herba.
Destaca tamén no parque unha vella carballeira, salpicada por árbores foráneos, algúns pouco frecuentes nos parques como a secuoia ou a criptomeria.

CRIPTOMERIA (Cryptomeria japonica)
É de gran porte, simétrico, de forma piramidal, pouco alargado na súa base. Follas perennes dispostas en espiral, acidulares punzantes, de cor verde brillante, tórnanse bronceadas en inverno. Os conos, nos ápices das pólas, son globulares, con espiñas curvadas sobre cada escama.
O seu nome deriva do grego “kryptos”, escondido, e “meros”, parte, e fai referencia a que as súas estruturas non se distinguen facilmente. Este é o árbore nacional de Xapón, de onde é endémica, e alí é coñecida como ‘sugi’. Arredor dos templos soe haber moitas criptomerias, plantadas séculos atrás, e tamén abundan as aliñacións creadas con estes árbores. Tamén foi por moito tempo cultivado en China, que quizais sexa o seu sitio nativo.
A codia despréndese en tiras verticais de cor pardo avermellado .Ten madeira excelente, resistente, duradeira e aromática. Emprégase en construción, carpintaría e ebanistaría.

COMPLEXO INDUSTRIAL DE VIDÁN:
O parque é testemuña do desenvolvemento industrial de Compostela no século XVIII: en 1792, Jacobo Pérez Villamarín, un comerciante residente en Vidán, decide crear un complexo industrial vinculado ao Sar formado por unha serie de empresas nas que a auga do río toma un papel protagonista: unha fábrica de papel, varios muíños fariñentos e unha curtiduría.


Jacobo Pérez comeza a súa empresa coa fábrica de papel, construída en 1792 por Nicolás Santamarina, e pouco despois comeza a creación da curtiduría. Pero no 1800 ten problemas económicos, polo que ten que hipotecar a fábrica de papel e ceder a súa parte da sociedade na tenería.
De estas industrias podemos ver aínda hoxe os edificios principais, un muíño de casca e unha canle artificial que nace dunha pequena presa e desvía parte do curso do río cara á papeleira. Este canal de derivación, de case 600 metros, servía para encher un depósito de auga de 12 metros de altura e mover unha roda hidráulica vertical de mais de 3 metros de diámetro que facía de batán.

FÁBRICA DE PAPEL DE LARAÑO:
Para a elección do emprazamento foi determinante a proximidade do río Sar, que había de proporcionar a enerxía para mover a maquinaria. Construíuse en 1792, e funcionaba en Santiago xunto coa de Arnois. Despois da Guerra da Independencia conta con 48 traballadores e fabrican unhas 6.000 resmas ao ano (6.000 tacos de 500 folios, tres millóns de folios). Traballaban na obtención de pasta de papel mediante desfiachado, afinado e desleído da madeira/celulosa, para abastecer unha demanda abundante na cidade por ser asento de institucións eclesiásticas e de ensino, que facían dela un importante centro consumidor de papel.


En 1830, coa crise do comercio colonial e a competencia catalana, o negocio pecha. No 1840 convértese en batán de tecidos de lá ata 1860, e a finais do século XIX foi aserradoiro de pedra e madeira. Na primeira metade do século XX traballa como fábrica de xeo e cervexa. A mediados do XX é adquirida pola Papeleira de Brandía, establecida en Lousame (Noia) e trasladada aquí, e finalmente no 2003 a vella fábrica convértese en hotel

CURTIDURÍA DA PONTE VELLA DE VIDÁN:
A tenería da Ponte Vella data de principios do século XIX, e conserva a edificación principal, os restos de un sequeiro e un estanque circular na entrada que é parte do seu antigo muíño de casca de carballo. A fábrica foi saqueada polos franceses durante a Guerra da Independencia e vendidas as existencias aos zapateiros locais, o que deu lugar a varios preitos contra estes zapateiros.
A principios do XX cambiou de donos e foi convertida nunha finca de recreo, transformando a edificación principal nunha construción residencial cunha torre nova e os arredores nun xardín. Chamóuselle Vila Rin ou Quinta dos Fuentes, por ser este o apelido dos novos propietarios. Finalmente, pasou a propiedade do Concello, para a utilización do edificio residencial como Centro Sociocultural de Vidán; tamén se restaurou o xardín e se acondicionou o contorno.

XARDÍN XEOMÉTRICO:
Un xardín xeométrico, marcado polos sebes de buxo e de faia, enchido de plantas diversas, precede á fachada principal da Casa de Brandía. Conta con pradairos xaponeses, santolinas, lavandas, agapantos, e outras variedades herbáceas típicas dos xardíns pacegos, restauradas respectando a xeometría orixinal da finca de recreo.
Unha das plantas que adornan este xardín son os acantos, de pequenas flores apiñadas en forma de espiga nun longo talo e follas verde escuro, profundamente lobuladas coma as do cardo. Unha antiga lenda conta que Calímaco deseñou o primeiro capitel corintio, cara ao ano 400 a.C, inspirándose nunha canastra de follas de acanto, sobre a que emerxía un conxunto de volutas. Aínda que ao principio considerouse como un elemento decorativo do espazo interior, a primeira obra desta orde no exterior é "A Lanterna de Lisícrates" de Atenas.
Waypoint

Criptomeria (Cryptomeria japonica)

Waypoint

Saída e chegada á Papeleira de Brandía

Waypoint

Fábrica de papel de Laraño

Waypoint

O complexo industrial de Vidán

Waypoint

Curtiduría da Ponte Vella de Vidán

Waypoint

O parque de Brandía

Waypoint

Xardín xeométrico

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta