-
-
230 m
197 m
0
0,8
1,6
3,23 km

Vista 2455 veces, descargada 17 veces

preto de Conxo, Galicia (España)

PARQUE EUGENIO GRANELL:
O parque Eugenio Granell, tamén chamado o Paxonal ou a Finca de José María, foi creado no 2003 e dedicado ao artista coruñés Eugenio Fernández Granell (1912-2001) artista que, tras estudar o bacharelato en Santiago, marchou a Madrid nos anos vinte a continuar formándose na música (era violinista) e alí entra en contacto coas grandes figuras literarias dos faladoiros, como Valle-Inclán.
Trala Guerra Civil exíliase en Francia e despois coa invasión nazi consegue viaxar a América, vivindo en diferentes países.
No 1941 encóntrase na República Dominicana con André Bretón, o pai do surrealismo, e influenciado por esta corrente artística comeza a pintar. Pronto fai mostras da súa obra, chegando a expoñer con Max Ernst.
É coñecido pola súa obra literaria, pictórica e escultórica, polo que obtivo a Medalla de Oro de Galicia 2001 a título póstumo. Un exemplo da súa obra, a estatua Retrato póstumo de Asurbanipal pódese contemplar no Parque da Música en Compostela.

PARQUE GRANELL – HIBISCO (Hibiscus syriacus)
O hibisco pertence á familia das Malváceas e cultívase moito debido á beleza das súas flores. Procede de Asia, e foi introducida en Europa arredor do século XVIII. Ademais de como fermosa planta ornamental, tamén e moi utilizado en gastronomía xa que as súas flores poden usarse para consumir en ensalada ou tamén en infusión, realizando o coñecido como té de hibisco.
Dentro do xénero hibisco hai fundamentalmente dúas variedades: a de China (Hibiscus rosa-sinensis) e a que atopamos neste parque que é a de Siria. Ambas son moi parecidas, pero mentres a variedade de China é de folla perenne, esta de Siria é de folla caduca.

PARQUE GRANELL – FREIXO (Fraxinus excelsior)
Árbore europeo da familia das Oleáceas, excelsior quere dicir mais alto, pois este é o freixo que alcanza maior altura. Medran preto de ríos e regatos, delatando humidade no solo. Habita no norte de Galicia, sendo mais frecuente atopar a freixa no sur.
A súa é unha madeira nobre, forte pero elástica, polo que era usada para facer arcos, guitarras, raquetas de tenis ou os eixos dos carros. Os romanos castigaban a súa corta ou queima, pois o dedicaban á construción de armas (como a catapulta pola súa flexibilidade) É un bo combustible xa que arde ben incluso estando verde. Pódense podar a principios de outono (desmoucar) para conseguir leña e alimento para o gando pois as follas serven de forraxe.
Na mitoloxía nórdica, un freixo chamado Yggdrasill é a Árbore do Mundo, tendo as súas ramas no ceo, o tronco na terra e as raíces no mar para unir os diferentes mundos, e o primeiro home, Ask, formouse a partir dunha rama desta árbore.
Para os gregos, as melíades eran as ninfas do freixo, así como as dríades o eran do carballo. Despois en Europa considerouse que o carballo, o freixo e o espiño eran as árbores das fadas, que estaban baseadas nas ninfas clásicas.
Existe a crenza de que sobre un freixo nunca cae un raio, pois os repele. Tamén espantaría as serpes, para o que se usaban as ramas e as follas.

AS BRAÑAS DO SAR:
As Brañas do Sar, atravesadas polo río que lles da o seu nome, son un bo exemplo de zona hiperhúmida, con terras baixas de solos silíceos, pobres en nutrientes e mal drenados. Constitúen un sistema ambiental complexo no que atopamos formacións de xuncas, acompañados de grupos salgueiros e especies de pradería.
A braña é unha das etapas de sucesión ecolóxica das zonas de depresión con solos impermeables nas que a auga está retida, abondando os musgos e a turba. A sucesión comezaría coa existencia dunha lagoa, que ao irse colmando pasa polo estado de gándara e de braña nun estado mais avanzado de desecación. Despois pode converterse nunha zona totalmente desecada ocupada por vexetación característica do monte.
Debido ás súas características de humidade e pobreza de nutrintes, foron zonas pouco frecuentadas polo home, xa que non lles pode sacar moito rendemento económico. Tamén hai unha gran tendencia a cambiar o seu estado natural, desecandoos para transformalos en terreo de cultivo ou pastizal, esquecendo o alto valor ecolóxico destas áreas, de gran riqueza xeolóxica, faunística e florística.

COLEXIATA DO SAR:
‘Santa María la Mayor y Real de Sar’ foi fundada en 1137 por Diego Gelmírez, primeiro arcebispo de Compostela. É o primeiro mosteiro de agustinos que se formou en Galicia. Sitúase preto do río Sar, que lle da o nome, e do Camiño polo que chegan a Santiago os peregrinos procedentes de Ourense.
A súa igrexa é románica, do século XII, pero esta oculta polos xigantescos arbotantes exteriores do século XVIII, colocados para evitar o seu desplome ao corrixir o faio de construción no cálculo dos empuxes das bóvedas e o problema do terreo no que se asenta, moi plástico ao formarse polos sedimentos do río Sar. Debido a isto, hoxe pode verse claramente a inclinación dos seus muros e columnas, nunha inestabilidade que non resta beleza ao conxunto.
O claustro románico só conserva íntegra unha das cruxías, pero é suficiente para apreciar a fermosa factura do taller do Mestre Mateo na ornamentación da pedra, chea de motivos florais e xeométricos. Este espazo alberga restos das ruínas do primitivo claustro, do templo e outras pezas formando un Museo de Arte Sacro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta