Tempo  6 horas 39 minutos

Coordenadas 2214

Fecha de subida 19 de enero de 2019

Fecha de realización enero 2019

-
-
856 m
78 m
0
4,3
8,5
17,02 km

Vista 94 veces, descargada 2 veces

preto de San Lourenzo de Barxacoba, Galicia (España)

Ruta no concello de Parada de Sil, con saída dende a Fábrica da Luz.
Comezamos a ruta polas pasarelas de madeira a carón do río Mao (poden resultar perigosas cando están molladas, pouco máis de 1 km). Abandoamos a beira do río un pouco antes da desembocadura no río Sil, na aldea de Barxacova.
A ruta vai por O Pombar, San Lourenzo de Barxacoba, A Miranda, Forcas ata a Ponte de Conceliñas, por corredoiras e carballleiras.
A volta dende a Ponte de Conceliñas vai primeiro a carón da nova canle e logo pola canle vella, onde atoparemos a Cova dos Mouros; neste lugar apareceu en 1905 durante as obras da Canle Vella a famosa Espada de Forcas (arma da Idade do Bronce Medio 1500-1200-a.C.)
Máis adiante atoparemos a "Casa dos Bascos" (residencia dos enxeñeiros encargados do mantemento da canle). Collendo un camiño a dereita e en baixada cheragemos a Necrópole de San Vitor de Barxacova. Tan só nos quedarán 2 kms (con fortes baixadas) para chegar ata o punto de saída: a Fábrica da Luz.
Ruta moi bonita pola Ribeira Sacra, a dificultade ven dada polas subidas e baixadas bastante duras, e a pasarela de madeira cando está mollada ou con xiada; o que fai que haxa que andar amodo.

Distancia: 17 km
Tempo total: 6 h 40´ (2,55 km/h)
Tempo en movemento: 4 h 53´ (3,49 km/h)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta