Tempo  2 horas 34 minutos

Coordenadas 1236

Fecha de subida 25 de diciembre de 2016

Fecha de realización diciembre 2016

-
-
401 m
285 m
0
2,1
4,1
8,26 km

Vista 861 veces, descargada 7 veces

preto de Trasalva, Galicia (España)

Pequena ruta que visita os principais puntos arqueolóxicos dos Chaos de Amoeiro: as estacións arqueoastronómicas do Abeiro do Raposo e Zarra (interpretados como indicadores dos solsticios de inverno e verán) e os gravados da Ferradura.
Amais faise unha visita ao Castelo de Formigueiro ou de Alba de Bubal onde se atopa unha gravura dunha espada na rocha e a capela de Formigueiro que presenta unha talla de arte castrexo integrada na fachada.
A subida ao castelo de Formigueiro faise pola beira norte o que leva ter que apoliñar por unha forte pendente. Pódese evitar, saíndo do pobo polo camiño da esquerda e chegando ao castelo pola beira sur.
Para saber máis:
Documental sobre as estacións arqueoastronómicas: https://www.youtube.com/watch?v=Zm0Y7bVNzVY
A Ferradura na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/O_Chan_da_Ferradura
O Formigueiro: http://www.amoeiro3d.com/listing/o-formigueiro/
  • Foto de Senda fluvial do río Formigueiro
  • Foto de Senda fluvial do río Formigueiro
  • Foto de Senda fluvial do río Formigueiro
Pequeno tramo recuperado á beira do río Formigueiro
  • Foto de Muíño en ruínas
  • Foto de Castelo de Formigueiro: Gravura de espada medieval na rocha
  • Foto de Castelo de Formigueiro: Gravura de espada medieval na rocha
Para chegar a esta parte apoliñamos pola ladeira norte do castelo que é bastante empinada: pódese chegar máis doadamente saíndo do pobo pola ruta da esquerda.
  • Foto de Capela de Formigueiro
Na fachada presenta unha talla de arte castrexo.
  • Foto de Abrigo de Zarra
  • Foto de Abrigo de Zarra
Neste gravado interprétase que se anuncia o solsticio de verán cando o sol o ilumina. Para chegar a aquí hai que separarse do camiño e andar uns 50 m monte a través pero sen grande dificultade.
  • Foto de Abrigo do Raposo
  • Foto de Abrigo do Raposo
Neste gravado interprétase que se anuncia o solsticio de inverno cando a luz do sol pasa por unha fenda e o ilumina.
  • Foto de A Ferradura
  • Foto de A Ferradura
Conxunto de gravados rupestres con forma de pegada e que son interpretados por García Quintela e Santos Estévez como un posible lugar de investidura de xefes castrexos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta