-
-
66 m
-7 m
0
1,1
2,3
4,54 km

Vista 562 veces, descargada 15 veces

preto de Aldán, Galicia (España)

O Pazo Torre de Aldán situado en San Cibrán - Aldán (Cangas) contaba dentro da súa propiedade coa finca popularmente chamada Finca do Conde (ou tamén Bosque Encantado). Esta Finca de O Frendoal quedou separada pola construcción da estrada a Bueu e foi cedida polos condes de Canalejas ao concello de Cangas, que ven de acondicionar un paseo polas marxes do río Orxas.
Comeza o noso percorrido preto do Pazo, onde a pequeña ponte medieval de arco de medio punto, xa cerca da desembocadura do río no fondo da ría de Aldán, e segue augas enriba pasando por varios muíños e máis a zona de lecer na Finca do Conde; aquí veremos un senlleiro acueduto de orixes medievais que levaba a auga ata a Torre, e asemade un curioso castelo de reducidas dimensións feito nos anos sesenta, todo elo nunha contorna de vizosa arboreda.
O roteiro coma tal, a Senda do Río Orxas, remata na ponte do núcleo rural de Herbello, así e todo o track do GPS continúa por camiños (só 200 m pola estrada) para facer un percorrido circular.
Construción para a levada de augas na Finca O Fendoal ou Bosque Encantado. É coñecido polo nome de Arco dos Mouros ou Arco da Condesa.
Castelo de reducidas proporcións na Finca do Conde. Construido nos anos sesenta.
Lavadoiro ao comezo do noso paseo, fronte a Torre de Aldán.
Lavadoiro no río Orxas, Aldán.
Lavadoiro no río Orxas, en Herbello.
Muíño no río Orxas.
Muíño no rego Orxas, dentro da Finca do Frendoal ou Finca do Conde.
Muíño no rego Orxas.
Muíño no rego Orxas.
Muíño no río Orxas.
Muíño no río Orxas.
Muíño no río Orxas.
Pazo situado en San Cibrán, propiedade dos Condes de Canalejas e preto do punto de comezo do paseo.
Ponte medieval con arco de medio punto no comezo do paseo, moi preto da desembocadura do río Orxas en San Cibrán de Aldán.
Río que atravesa a parroquia de Aldán. Nace en Castiñeiras (Beluso) e desemboca no fondo da ría de Aldán.
Rodeiras nun camiño carreteiro no lugar de Herbello, Aldán.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta