Sé el primero en aplaudir
Vista 28 veces, descargada 1 veces
preto de Pazos, Galicia (España)
Percorrido liñal de ida e volta de 5.3km (a app só rexistrou a volta até o punto vermello por falta de conexión). Inicio e finalización no punto verde, lugar onde estacionar os coches. Ao cruzar a ponte entramos no núcleo de Pazos de Arenteiro, a uns 150m un panel informa sobre o conxunto histórico.
Ao chegar ao adro da igrexa de San Salvador, onda o Pazo da Encomenda, baixamos á dereita, ao fondo un letreiro informaranos para coller á esquerda, dirección Pozo dos Fumes e Ponte do Arenteiro, rodeando unha casa histórica (como indica unha placa).
Ao chegar á ponte hai varias indicacións, collemos dirección Pozo dos Fumes (primeiro mirador), continuamos até o segundo mirador e, se nos vemos capacitadxs (con coidado e precaución), podemos subir até o penedo que hai á esquerda por un carreiro que hai entre as mimosas (onde dá volta o percorrido feito aquí).
De novo na ponte, agora cruzámola para, a continuación, coller á dereita, por onde chegaremos á Ponte da Cruz. De aí volvemos ao inicio.
Comentarios