Sé el primero en aplaudir
Vista 1167 veces, descargada 7 veces
preto de Borbén, Galicia (España)
Empezamos a ruta no Peto das Ánimas preto da PO-250, pouco antes de chegar a Pazos de Borbén, se ben se pode evitar un pouco de asfalto empezando a ruta un pouco máis abaixo, na Igrexa de Santa María de Pazo sinalado co primeiro waypoint do track. Baixamos por os camiños asfatados de As Muras ata chegar ás beiras do Río do Pozo Negro por a ruta PRG-26 con dirección a Casqueiros. Collemos á dereita para adentrarnos na espectacular levada de Casqueiros que nos adentra na fraga entre muíños e levadas. Ó chegar á GR-58 xiramos ás esquerda con dirección ás Xunqueiras. Na Chan paramos nas proximidades do Pazo e collemos o sendeiro que continúa á esquerda, baixando por a beira do Río Pozo Negro. Chegamos ó mesmo punto de entrada na levada dos Casqueiros e repetimos o percorrido de novo ata a GR-58, que seguimos ata a Igrexa de Cuartos de Borbén. Durante todo o traxecto acompañáronnos os altofalantes do Santo Aparecido que estaba de romería. Deixamos por un momento a GR-58 e collemos camiños menos asfaltados. Antes de chegar a Sequeiro volvemos enlazar coa GR-58 xusto nunha zona húmida que, a pesar da sequía, facía complicado o paso; por o que non queremos pensar o que poderá pasar cando chova un pouco. Posiblemente haberá que intentar evitar este tramo de camiño da GR-58. Subimos por pistas de terra con dirección ó Santo Aparecido e, casi na cima, abandonamos definitivamente a GR-58. Pouco despois de abandonar a romería do Santo Aparecido atopamos os petróglifos de As Tensinas. Iniciamos o descenso e rematamos a xornada de novo no peto das ánimas.
Hai que ter en conta que a ruta pasa por pequenos núcleos de poboación, o que fai que ás veces o asfalto sexa inevitable. Tamén hai que ter en conta para os días de calor que hai certos tramos con pouca arboreda e que os días de moita chuvia pode estar anegado o tramo da GR-58 que se señala no track.
Sitio relixioso
Igrexa de Santa María de Pazos
Waypoint
Levada dos casqueiros
Punto de información
Pazo
Waypoint
Flor pintada no camiño
Sitio relixioso
Igrexa Santiago de Borbén
Punto de información
Taberna
Punto de información
Zona encharcada
Sitio relixioso
Capela de San Sebastián
Punto de información
GR-58
Sitio relixioso
O Santo aparecido
Sitio arqueolóxico
Petróglifo Pedra das Teixiñas
Comentarios