Tempo  7 días 8 horas 47 minutos

Coordenadas 1287

Fecha de subida 20 de septiembre de 2013

Fecha de realización septiembre 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
510 m
307 m
0
3,6
7,2
14,32 km

Vista 3192 veces, descargada 55 veces

preto de Pedre, Galicia (España)

Roteiro polo Pedre Milenario
Ruta non sinalizada
Aloxamento: Casa Florinda en Pedre.
Fotomontaxe da Aldea vella de Vichocuntín en: http://www.youtube.com/watch?v=YeypDSmxK8o

Comezo na aldea de Pedre onde visitaremos o conxunto monumental composto pola igrexa parroquial e o camposanto anexo, no seu interior gárdanse dous fragmentos escultóricos que representan a adoración dos Magos un, a crucifixión o outro así como un mecanismo de reloxería magnificamente conservado que data do ano 1880, un pouco máis adiante os eirados comunais Eira Grande e Eira da Palla, conxunto de doce hórreos, continuaremos cara a ponte medieval de Pontapedre, (S. XII ou XIII) escenario do suicidio de Rosiña de Pedre (22/3/1809), a saída viraremos a dereita e polas veigas das Insuas ascenderemos ó Xacente do Coto das Insuas, pedra antropomorfa con tres cruces riscadas posiblemente medievais, pola corredoira continuaremos cara o Serrapio onde ascenderemos a capela de S. Lourenzo do século XVIII a súa beira dous cruceiros unha cruz e un pombal circular.
Pola estrada dirixímonos á aldea vella de Vichocuntín onde ademais das casas veremos restos dun hórreo muíño e pombal de planta cadrada, abandonamos a aldea para cruzar a N-541 e, por un camiño que corre paralelo a estrada, chegar o Vichocuntín novo, cruceiro e peto de ánimas (1905), desandamos e, pola antiga estrada de Ourense (paralelo corre un camiño pero non sempre é transitable) dirixímonos a Pedre, cruzamos de novo a N-541, aquí podemos rematar ou enlazar co segundo tramo da ruta, para iso a esquerda, por unha pasarela por enriba da N-541, chegamos a Aldea de Riba, hórreos e, a chamada Casa da Inquisición (S. XVII) pola pista imos ascendendo cara os petróglifos da Laxa da Filloeiras, un bolo granítico con cinco círculos concéntricos e oito coviñas, a ras do chan, unhas 44 cazoletas de entre 4 e 23 cms. de diámetro, desandamos para, ó chegar á altura do que queda dun campo de fútbol, por unha pista de xabre, baixar a un tramo abandonado da antiga estrada de Ourense, a esquerda, dirixímonos a Ponte do Barco onde un modesto monumento nos recorda que na noite do 13 de agosto de 1936 foron asasinados Francisco Arca e Secundino Bugallo, cruzamos a ponte para visitar as Cortellas de Pedre, poboado medieval que despois de abandonado foi reutilizado para gardar o gando e, onde segundo a tradición, se acubillaba Pepa a Loba e os seus, desandando o camiño regresamos para rematar a andaina en Pedre .

Ver más external

PEDRE FILLOEIRAS

5 comentarios

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 21-sep-2013

    Parabéns.

    O meu recoñocemento a tantas horas de traballo adicadas a recuperación dos nosos bens que na meriande dos casos están a chisco de desaparecer pola preguiza de quen ten que mantelos.

    Saúdos de Suso, da Asociación Cultural O Coto, de Vigo.

  • Foto de Carmen-Taro

    Carmen-Taro 07-dic-2013

    Completamente dacordo con Suso.
    Parabens

  • Foto de bunto

    bunto 27-ago-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Todo un descubrimiento. Imprescindible.

  • Foto de Una ruta cada día

    Una ruta cada día 17-may-2015

    Canto tempo pode levar facer esta ruta?

  • Foto de Capitan Ghosende

    Capitan Ghosende 25-may-2015

    Entre catro e catro e catro e media.
    Xa que a ruta está composta por dous bucles, pódese facer ben en días distintos ou un dos bucles pola mañan e o outro pola tarde.
    Recomendamos facela sen presa, a aldea vella de Vichocuntín merece ser vista de vagar, o mesmo sucede co San Lourenzo no Serrapio ou a Laxa da Filloeiras.
    Saúdos.

Si quieres, puedes o esta ruta