Tempo  3 horas 44 minutos

Coordenadas 1166

Fecha de subida 11 de marzo de 2019

Fecha de realización septiembre 2018

-
-
111 m
3 m
0
2,4
4,9
9,75 km

Vista 69 veces, descargada 9 veces

preto de Montalvo, Galicia (España)

Ruta realizada a finais de setembro.

Aínda que a illa de Ons é posible percorrela nunha soa xornada, acordamos camiñar tratando de seguir o perímetro na medida do posible dividindo a ruta en dúas xeiras, sábado pola tarde e domingo pola mañá (o noso traxecto pola zona sur está tamén en Wikiloc: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/perimetrando-a-illa-de-ons-sur-e-praia-de-melide-34033742).
Cadrounos unha néboa moi pechada que apenas nos permitiu gozar das vistas en momentos puntuais en que abría algún claro, se ben cara ao Atlántico soamente nos permitiu albiscar a propia costa da illa, nunca máis alá. As fotos, moi escasas, quedaron ben deslucidas.
Partimos dunha casiña na subida ao faro dende a que nos diriximos cara ao Centro de Visitantes, pouco antes do peirao. A partir de aí seguimos a costa cara ao norte, atravesando en primeiro lugar a praia das Dornas para dirixirnos á punta do Castelo, onde chegamos sen visibilidade ningunha cara ao mar. O camiño deica a praia de Melide (2,8 km) transcorre por unha das moitas pistas amplas desta illa. Avanzamos pola praia de Melide até as rochas e, continuando un chisco por elas procurando un camiño que viña marcado nos mapas do IGN, demos con el. Case totalmente cegado pola vexetación nos primeiros metros, axiña vai abrindo e vaise enxergando o que foi unha pista que vai confluír co camiño que leva á punta do Centolo (4,2 km dende o inicio), dende a que deberiamos ter gozado dunha espléndida panorámica do istmo da Lanzada e da cara sur da península do Grove, mesmo da illa de Sálvora e da Barbanza (en concreto da Curota, do monte Tahume...) pero o único que podiamos era percibir terra difusa por riba da liña de néboa que o pechaba todo. Aos nosos pés, por veces distinguiamos o perfil do illote de Centolo Grande.
Da punta do Centolo á punta de Xubenco ou Pasante a néboa andaba a xogar connosco, tanto podiamos ver perfectamente a punta por momentos, coa fermosa enseada das Pociñas no medio, como pechaba novamente nun intre e nós a seguir a pista...
E á vista da enseada de Pociñas e, agora si, da punta Centolo da que viñamos, fomos descendendo cara á punta de Xubenco para chegar a ela cunha néboa que malamente nos permitía ver o mar aos nosos pés. Estamos a 6,1 km do punto de partida e debería abrirse o Atlántico ante nós mais malamente podemos percibir as rompentes entre a néboa. A costa oeste de Ons recibe arreo os embates agresivos do mar, está formada por cantís e enseadas... se día nolo permitise, habiamos contemplar a costa oeste cara ao sur até a punta Estripeiral.
Retomamos o camiño completando o ascenso até o alto da Cerrada (106 m) e uns 300 metros máis adiante deixamos un desvío á nosa dereita que descende á enseada de Bastión de Val (km 7,5). Sobre o km 8 pódese descender, tamén á dereita no sentido da nosa marcha, cara á punta Estripeiral, tendo xa á esquerda claramente o faro situado no punto máis elevado da illa.
Dado que, como levo dito, o día tan anubrado deslucía o paseo, acordamos pechar a ruta dirixíndonos cara ao faro (119 m de altitude, 9,3 km do inicio) e volver ao noso punto de partida nunha casiña na baixada do faro ao peirao.
Información

Centro de visitantes

Waypoint

Punta do Castelo

Punta do Castelo
Praia

Praia de Melide

Praia de Melide
Waypoint

Senda aparentemente pechada

Senda pechada pola vexetación nos primeiros metros
Waypoint

Punta do Centolo

Punta do Centolo
Waypoint

Punta Xubenco (Pasante)

Punta Xubenco (Pasante)
Waypoint

Baixada á enseada Bastión de Val

Waypoint

Faro de Ons

Faro de Ons

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta