Tempo  4 horas 20 minutos

Coordenadas 1251

Fecha de subida 11 de marzo de 2019

Fecha de realización septiembre 2018

-
-
104 m
1 m
0
3,0
6,0
11,93 km

Vista 31 veces, descargada 0 veces

preto de Montalvo, Galicia (España)

Ruta realizada a finais de setembro

Tras percorrer a metade norte da illa na tarde anterior rodeados pola néboa polos catro puntos cardinais ( https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/perimetrando-a-illa-de-ons-norte-34033333), esperabamos que nos sorprendese unha espléndida mañá azul... esperanza va... a néboa non pechaba a illa totalmente cara ao leste, mais logo cara ao sur foi o mesmo conto.

Tras almorzar pola zona do peirao botamos a andar cara ao sur polo camiño que vai bordeando a Area dos Cans para logo baixar á area na praia de Canexol (1 km). Camiñamos pola area go polas rochas, algo esvaradías, atravesando a punta Malaxa até chegar á praia do Pereiro, despois da que deixamos o borde litoral e fomos ascendendo até un lavadoiro próximo ao desvío para o campamento xuvenil da Xunta.

Seguindo a pista chegamos, a 3,1 km do inicio, ao desvío cara ao famoso miradoiro de Fedorentos, situado a uns 200 metros do desvío. Alí onde debiamos atopar en primeiro termo a illa de Onza, nin os cantís máis próximos eramos quen de enxergar. Por suposto, nada de gozar coa panorámica desta zona das Rías Baixas: a punta de Couso, o facho de Donón, Monteferro, cabo Silleiro... esta é a orde na que debiamos velos, pero a néboa limitouse a convidarnos a volver outro día.

Retomamos o camiño rodeando a enseada de Fedorento. Dado o día que tiñamos, prescindimos de descender á punta do Rabo da Egua. Seguimos pola pista até o desvío á esquerda cara ao Burato do Inferno (km 3,8), con seguridade o punto máis visitado polos camiñantes que arriban á illa. Aínda que a vista cara ao Atlántico é inexistente con este día, polo menos podemos gozar das rompentes dos baixos desta zona, da inmensa forza coa que o mar “agarima” esta costa.

Logo dunha parada ben demorada nestas pedras, seguimos rodeando a illa até pasarmos por riba da enseada de Caniveliñas (aproximdamente km 6). Cara á fin da enseada damos co que semella unha baixada de acceso, mais o camiño está cortado ao pouco. Imos ascendendo até o Chan da Pólvora, pasamos ao lado do camping (desvío 7,5 km) e, vendo que a néboa non remite polo litoral oeste, acordamos aproveitar que temos tempo por diante para achegarnos á praia de Melide a comer o noso bocata, posto que na cara leste da illa fora abrindo o día e podemos aproveitar, por fin, algo de sol.

Dende a praia de Melide regresamos cara ao peirao directamente pola pista. O ano que vén toca volver para ver se hai máis sorte e a néboa marcha para outros lares...
Praia de Canexol
Punta da Malaxa
Praia do Pereiro (cala)
Miradoiro de Fedorentos
Praia de Melide

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta