Zamolle
23 4 13

Tiempo en movimiento  5 horas 38 minutos

Tempo  9 horas 35 minutos

Coordenadas 4840

Fecha de subida 14 de enero de 2019

Fecha de realización enero 2019

-
-
1.616 m
532 m
0
7,2
14
28,68 km

Vista 145 veces, descargada 6 veces

preto de Seoane, Galicia (España)

Saída de Seoane hacia Ferreirós de Abaixo. Tras pasar Ferreirós de Arriba, forte subida a Penaboa, pola ladeira esquerda do regato e cun último tramo moi duro, subindo por un rego ( fervenza prácticamente pola pendente) e bosque de bidueiros. Estampa presidida por unha xeada de 3 cm. (literal) que nalgún tramo fixo que bicaramos o chao e non de boa gana. "Tivemos que vir ó Caurel pa saber o que era a xeada". E non somos das Canarias precisamente.

Unha comidiña no mirador de Penaboa, quentando o soliño a 14 de xaneiro, invitou a que soltáramos as prendas molladas pola suor e disfrutáramos da panorámica co bandullo cheo. Algún aínda se puxo en carrancho. Revisando por donde subimos non dábamos creto. Un camiño non era porque fumos máis gatexando que de pé, sin esaxerar moito. Ímolo bautizar como o "Barranco de Penaboa". Por ahí non sube o lobo, non. E baixar habialle chegar. Pablito xa tiña baixadas unhas cantas constelacións do ceo. Os santos non os tocou que aínda quedaba moito camiño. Fixo ben.
Suso descubriu hoxe onde se atopaban os "cadrís". Doíanlle. "Se colléralo sacho non viñas ao monte sen faixa". Un pouco lisco e arreglado.
Comezan a piar os páxaros (literal) cando encaramos a Subida a Piapáxaro, non sin antes catar as Herbas do Rafa, que non sei se polo cansancio ou pola súa maña, souperon a gloria. Oro molido.

Mais aquí nesta terra brava, o ouro é marrón e chámase castaña.

Desfrutamos da panorámica de toda a contorna e nun día coma este de inverno, con sol no monte e néboa cara o val do Sil, un ve o grande que é esta xoia verde chamada Caurel, e o pequenos que somos 6 homiños que nos perdemos nel.
Pasamos pola Lagoa de Lucenza e pola Devesa da Rogueira, un bosque con mil bosques dentro: "aquí un rebolo, aquí un freixo, ise é un acivro, e.... isto un teixo!!!". Baixada rapidiña que nos pilla a noite por esta selva mesta. Aínda que "Os Mikíños" ven ben igual, xa se sabe.
A uns 300 metros do camiño principal comeza a festa. Un rego con continuas caídas de auga que nos alegra a vista, ata que vemos o que nos ven de seguido. Unha especie de ginkana na que subimos polo rego e agarrados a uns bidueiros. 300 metros de desnivel positivo en 1 kilómetro. Ríamos por non chorar. A recompensa de chegar ao mirador e ver por onde subiche non ten perda. Dulce sinfonía para os "cadrís". (Alternativa a esta ruta)Si se sigue a pista forestal, a subida será máis levadeira e longa, se non fai calor, xa que é ladeira de solaina e case sen sombra, con plantacións de pinos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta