Tempo  8 horas 57 minutos

Coordenadas 1371

Fecha de subida 17 de agosto de 2017

Fecha de realización agosto 2017

-
-
2.765 m
1.415 m
0
3,6
7,1
14,28 km

Vista 320 veces, descargada 5 veces

preto de Montmaur, Provence-Alpes-Côte d'Azur (France)

Ruta moi esixente que parte da Casa forestal de Sauvas e segue un percurso de subida perfectamente sinalizado, tanto por marcas coma por estantes. O ascenso é duro, especialmente na parte máis altas, desprovista de vexetación e exposta ao sol. Nalgún punto pode haber risco de esvarar pola ladeira.
As vistas dende o pico son extraordinarias e o paso polo Observatorio radioastronómico do planalto (Plateau de Bure ) moi interesante, sobre todo se un dos técnicos che explica a historia, utilidade e outros datos da instalación, como foi o caso. Non sei se acontece regularmente.
A baixada foi realizada pon unha canle de pedregullo solto (éboulis) e forte pendente, que resulta rompedora para as pernas, a non ser que baixes correndo (risco), que o fai máis levadeiro. Este non debe ser o trazado previsto porque non hai marcación.
Comezo
Apartadoiro e fonte
Pic de Bure, 2709m
Devoluy
Observatorio
Vistas das "grandes oreilles" que din as xentes da zona.
Pendentes atroces, pedregullo solto e baixada en vertical...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta