Descargar

Distancia

20,88 km

Desnivel positivo

1.394 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

1.394 m

Altitud máxima

1.965 m

Trailrank

26

Altitud mínima

681 m

Trail type

Circular
  • Foto de Pico La Laguna

Tempo

7 horas 15 minutos

Coordenadas

2103

Fecha de subida

10 de agosto de 2014

Fecha de realización

agosto 2014

Filtros Avanzados

Filtra por mes o fecha de grabación. Encuentra rutas solo de personas a las que sigues.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Filtros Avanzados Filtros Avanzados
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
1.965 m
681 m
20,88 km

Vista 752 veces, descargada 14 veces

preto de Río Aller, Asturias (España)

SITUACIÓN: Aller (Asturias) Cármenes (León)
PUNTO DE PARTIDA: La Paraya (650 m)
ACCESO: Pola estrada de Casomera – Río Aller (AE – 6)
HORARIO:6/7 horas DESNIVEL: 1.400 m de subida e os mesmos de baixada
DISTANCIA: 22 km DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
MAPA: I.G.N. – 78 – IV

DESCRICIÓN DA RUTA: Partimos do lugar de La Paraya (650) pola pista asfaltada, aproximadamente un quilómetro, que sobe a Llananzanes (790 m). Dende aquí seguimos a marcha por un antigo camiño romano que comunicaba coa meseta pasando polo porto de Piedrafita, tamén chamado Puerto Castiello na toponimia allerana.
Ao pouco de saír de Llananzanes abandonamos o camiño principal collendo á nosa esquerda e remontando a encosta con fortes repeitos baixo un frondoso bosque de caducifolios. Seguimos todo arriba ata chegar a unha zona de praderías entrelazadas que rematan na braña de Llananzanes (1.350 m), a máis pintoresca da zona.
Dende esta braña temos boas vistas do cordal onde aparece o Estorbín de Valverde e o Bolero, entre outros. Agora xiramos cara ao poñente para atravesar un frondoso bosque de faias, por sendeiro ben visible, ata entroncar co camiño real do porto, nas inmediacións da braña de San Pedro (1.600 m), onde se supón que existiu unha venta para camiñantes.
Camiñamos cara ao máis alto do porto onde culminamos nos 1.683 m ao lado dun gran fito de formigón. Neste lugar xiramos cara ao leste seguindo a liña divisoria de augas vertentes onde superamos o fácil cume de Cueto Pando (1.738 m) ao que segue La Loma e Los Fueyos (1.869 m). Situados no cimbro previo (1.909 m) a crista de La Laguna chegamos facilmente ao seu cume de 1.962 m que constitúen un balcón predominante de amplos horizontes.
Seguimos camiñando cara ao leste baixando ao cimbro (1.883 m) en busca do Pico Morgao (1942 m). Dende este cume xiramos lixeiramente cara ao sur ata o Collau Morgau (1.778 m), punto no que abandonamos a liña cristeira para baixar cara á braña Mosquil e braña Medio. Un pouco máis abaixo temos a fermosa braña Foz, situada ao abeiro do pico Cuayos. Atopamos, logo, un bo exemplar de faia solitaria, seguino o camiño por terreo despexado chegando así a unha cabana. Agárdanos unha fonte e outra cabana no noso camiño de baixada e máis abaixo a braña coñecida como Espines de Can con cabanas cubertas de grandes laxes de pizarra.
O camiño, de bo firme, descorre cara ao norte baixando ata cruzar o río Aller e acadando esta aldea en poucos metros. Agora quédanos unha fácil camiñada duns tres quilómetros ata chegar a La Paraya, punto onde comezamos esta camiñada

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta