Tempo  3 horas 55 minutos

Coordenadas 2069

Fecha de subida 21 de febrero de 2016

Fecha de realización febrero 2016

-
-
857 m
446 m
0
3,2
6,4
12,77 km

Vista 1796 veces, descargada 41 veces

preto de Allariz, Galicia (España)

Domingo, 21 de febreiro de 2016. Outra vez por terras de Allariz - Subida ao Vértice Geodésico Penamá
Inicio e fin en Paicordeiro. É un lugar da parroquia de Santiago de Allariz no concello ourensán da Allariz. O río Arnoia atravesa este fermoso municipio de leste a Oeste, cunha lonxitude de 87 quilómetros. O punto máis elevado do municipio é o monte Penamá a 927 metros de altitude, obxectivo desta camiñada nun día con sol radiante.
Allariz ten 16 parroquias. A parroquia de Santiago de Allariz está composta polos lugares de Allariz, A Frieira, Ou Matogueira, Orraca, Cerro de Orraca, Paicordeiro, Roimelo, San Salvador, Xugueiros. Antes de chegar a San Salvador desviámonos para visitar unha fonte.
Percorrido de case trece quilómetros con magníficas vistas ao Concello de Allariz, A Limia, Baixa Limia, Sierra de San Mamede, Ourense, Sierra do Xurés. Na primeira parte do percorrido ascéndese aos poucos por paraxes de vexetación autóctona coas típicas corredoiras, con pedras moldeadas pola actividade humana ao longo dos tempos. Pasamos á beira do lugar de Penamá con destino ao vértice geodésico co mesmo nome. Situado no monte de Penamá, que está a un 3,5 Km. ao sur-suroeste de Allariz. O sinal está no pico do monte que está máis ao norte dos dous xemelgos que forman o monte de Penamá. No situado ao sur hai unha caseta. Desde este punto as vistas son estupendas. Calquera época do ano merece a pena visitar esta paraxe, pero especialmente na primavera e outono, pola abundante vexetación de folla caduca ao longo do percorrido.

Ver más external

2 comentarios

  • Foto de Eri y Edu

    Eri y Edu 03-abr-2016

    Muchas gracias por la ruta. La hicimos este sábado

  • Foto de arraiano12

    arraiano12 04-abr-2016

    Ok, me alegro sobremanera....salir al monte es maravilloso!!!!!

Si quieres, puedes o esta ruta