Tempo  2 horas 55 minutos

Coordenadas 1239

Fecha de subida 30 de septiembre de 2015

Fecha de realización mayo 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.986 m
1.343 m
0
1,6
3,2
6,32 km

Vista 1946 veces, descargada 138 veces

preto de Piedrasluengas, Castilla y León (España)

Xamais tiña pensado ir a Peña Labra, no noso grupo de saídas á montaña aínda non tiñamos proxectada excursión ningunha pola montaña palentina, mais un marabilloso erro nun cruzamento na estrada levounos ao porto de Piedrasluengas e xa de estarmos alí, malia non termos nadiña de información sobre a zona, aproveitamos uns paneis informativos bastante bos e, calculando a ollo que abondaría coas pouco máis de tres horas de que dispuñamos, lanzámonos a por esa montaña tan curiosa, con ese baluarte de pedra tan estraño como obxectivo e, guiándonos soamente pola vista e o terreo, nunha hora e media estabamos a carón daquelas fermosas paredes.
Pois iso, bendita equivocación a que nos trouxo a un lugar tan fermoso, a uns cumios tan fóra do común. Xa dende a estrada se albisca a crista pétrea como unha forma moi orixinal, e tanto durante a ascensión como unha vez arriba resulta realmente espectacular, sobre todo cara aos Picos de Europa.

Peña Labra (2.017 m) atópase mesmo na estrema entre Palencia e Cantabria. Dálle nome a mesma serra na que están o pico Tres Mares (a uns 2,5 km, 2.176 m), que recibiu ese nome tan expresivo porque estas montañas verten augas que se dirixen cara aos tres mares que rodean a península a través do río Nansa, da cunca do Ebro e da do Douro (Pisuerga), se ben a serra no seu conxunto máis amplo recibe o nome de serra de Brañavieja.

A ascensión realízase dende a vertente sur da montaña. Hai bo aparcadoiro no miradoiro de Piedrasluengas e dende aí cruzamos a estrada e pódese ascender por unha pista á que chegamos tras superar unha cerca metálica. Na ascensión imos atravesando prados moi extensos e a partir de aí podemos buscarnos a vida subindo a través dos piornos ou procurar os fitos que marcan a senda de subida, que nós soamente descubrimos no descenso. Ao non decatarnos da existencia dos fitos, fomos procurando o noso propio camiño cara á dereita, onde se percibe o que podería ser o camiño máis natural de subida.

Unha vez arriba pódese procurar o acceso ao cumio (nós non dispuñamos de información nin de tempo e non tocamos a cima). O máis doado é bordear pola dereita (cara ao leste) até unha golada que facilita o acceso, aínda que tamén se pode gabear directamente pola canle até o cumio, tendo en conta nesta segunda opción que algún paso algo aéreo é inevitábel, pero hai agarres abondo. No cumio hai un vértice xeodésico e unha cruz metálica.
Porto de Piedrasluengas
Bebedoiro
Peña Labra (2.018 m)

1 comentario

  • Roni85 16-oct-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Buenas vistas durante toda la ruta.

Si quieres, puedes o esta ruta