Tempo  2 horas 32 minutos

Coordenadas 997

Fecha de subida 8 de julio de 2012

Fecha de realización julio 2012

-
-
436 m
81 m
0
2,7
5,3
10,63 km

Vista 1392 veces, descargada 17 veces

preto de Ribadavia, Galicia (España)

Camiñada circular polo piñeiral dunha extensión considerable e exquisitamente coidado, con camiños perfectamente acondicionados e aptos para todo o mundo. Ascéndese pouco a pouco, sempre entre piñeiros con moi pouca altura que salvar; as vistas sobre o val do Arnoia son dunha gran beleza coa alternancia da vide e en especial os pementos de sabor delicioso. O Miño segue o seu curso pausado. E o tren pegadiño ou río dirección Vigo, serpeando; recordo a Andrés Dobarro co seu " o tren que me leva ao lado do río, lévame cara ao meu destino ".



Pódese ver Francelos, Prexigueiro, o cume de Chan de Moeiras, movéndonos nunha das abas do Couto Novelle, tantas veces visitado. Na distancia divísase a Serra Faro de Avión e os cumios de Penagache e Codesal, na Serra de Leboreiro e todo o Planalto Galaico Portugués. Unha sucesión de montañas vellas, desgatadas. Unhas montañas que me viron nacer. Siempra imos algunha vez cada ano
Arnoia A Arnoia, Ourense, 32417, Galicia 0034988476194

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta