Tiempo en movimiento  2 horas 27 minutos

Tempo  5 horas 57 minutos

Coordenadas 2056

Fecha de subida 1 de agosto de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
1.993 m
1.173 m
0
3,1
6,2
12,38 km

Vista 13 veces, descargada 2 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

Iníciase esta fermosa ruta na aldea do Piornedo, collendo o camiño que pasa por onda a pequena igrexa (nótese o erro noso). Case toda ela decorre por camiño de carro. Este remata na Mallada do Mostallar, xusto onde comeza o ataque final a este cume senlleiro dos Ancares. Como se ve no perfil, o desnivel é case continuo, só hai unha pequena baixada (subida na volta) cando se atravesa o río da Veiga Cimeira. A subida final é moi dura.
As paisaxes que gozamos todo ao longo do percorrido, pero sobre todo dende o cima, pagan todas as penas que nos poida custar o camiño.
Sinalar tamén que hai (a parte de na aldea) unha fonte axeitada para beber ou repoñer auga aproximadamente ao levar andado un terzo de percorrido.
Sobre o río hai un pontón de madeira (descoidado). É posible que en épocas de cheas haxa dificultades para pasar.
Retórnase polo mesmo trazado. Ao final, se non o fixemos xa, é obrigado facer unha visita demorada á aldea para admirar as palloza que sobreviven. Hai algunha visitable: a Casa do Sesto consérvase coma cando estaba habitada. O seu propietario explica con moito saber os datos sobre esta construción e o modo de vida que nelas se desenvolveu. O euro de entrada, destinado ao mantemento, ben xustificado está. Recomendable, ao meu parecer, acudir con espírito aberto para apreciar o mérito dese pequeno mundo que é a palloza, que (ao igual que outros elementos da nosa cultura) permitiu aos nosos devanceiros vivir de modo harmónico coa natureza e traer a vida ata os nosos días. Tristemente non se pode dicir o mesmo do actual modo de vida abocado á destrución do mundo e o suicidio da especie (e de outras).
Igualmente podemos mercar na aldea dos produtos da zona pernoctar nunha casa rural ou no hotel (edificio moderno) que nai na saída, tamén con bar.
Unha ruta das que non hai que deixar de facer SE SE TEN UNHA FORMA FÍSICA AXEITADA.
Auga xélida, riquísima.
Valo para gardar o gando. Deixar pechado!!
Casetas para uso dos pastores, ben seguro.
A última foto é a Mallada vista dende o fondo

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta