Tempo  8 horas 56 minutos

Coordenadas 844

Fecha de subida 13 de junio de 2016

Fecha de realización junio 2016

-
-
1.869 m
999 m
0
4,4
8,9
17,78 km

Vista 1041 veces, descargada 15 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

Distancia percorrida: 18 km (9 horas)

Tempo en movemento: 6 horas

Velocidad media: 2 km/h

Vel. en Mov.: 3 km/h


Ruta circular para facer de vagar que parte de Piornedo (Cervantes) e circunvala as Serras de Agulleiro e Villous perpendiculares ao cordal dos Ancares.

Desde Piornedo descendemos ao río Piornedo (tamén chamado de Veiga Cimeira) e cruzámolo por un pequena ponte río arriba a respecto da ponte de Bous, pola que pasa a estrada perto de Donís.

Ao pasar o río collemos un fermoso camiño de carro que nos leva a Vilarello, e alí outro que sobe ás Brañas de Vilarello. Ascendemos pola marxe dereita do río Ortigal en fronte do impresionante bosque do Avesedo de Donís. Comprobamos como a ladeira solleira se recupera con abundantes manchas frondosas.

Chegamos ás ruínas das cabanas de pedra das Brañas de Vilarello, onde se vivía no verán nos pastos de altura. Nelas viramos cara a esquerda para subir á Golada da Boca do Campo. Estaremos situados no cordal dos Ancares e teremos vista cara a vertente galega e leonesa.

Xiramos á esquerda deixando o Pico do Corno Maldito ás nosas costas e ascendemos polo lombo do cordal ao Pico Lagos (km 11 de 18 e altura máxima do noso circuíto).
Situados no Pico Lagos (1.866 m), contemplaredes unha panorámica que por suposto nos vos imos describir aquí.

Iniciamos o regreso descendendo de fronte polo lombo das serras de Villous e Agulleiro. Desde o Pico Agulleiro poderemos revolvernos e admirar simultaneamente os circos glaciares do Mustallar (á esquerda) e do Tres Bispos (á dereita).

Se queredes atallar antes de subir ao Pico Agulleiro, tedes unha escapatoria na Golada da Toca. Nela podedes baixar á dereita ata enlazar coa ruta Piornedo-Mustallar e chegar máis rápido e comodamente, pero perderédesmos o bidueiral e o aceval.

Desde o Pico Agulleiro continuamos de fronte para despois descender e virar á dereita no Teso das Redondas. Pasamos por un bidueiral e un aceval que tampouco vos imos describir. Baixamos cara a dereita ata a ponte que cruza o río Piornedo a menos dun km da igrexa e a parte alta das casas de Piornedo. Onde é imprescicíbel visitar a palloza-museo de paso que repoñemos sólidos e líquidos na Cantina Mustallar.

Ver más external

Escapatoria para baixar á ruta Piornedo-Pico Mustallar se queredes atallar sen ir polo bidueiral e o aceval.
  • Foto de Pico Agulleiro (panorámica)
Á dereita Circo glaciar do Tres Bispos. Á esquerda Circo glaciar do Mustallar. De fronte, Serra do Agulleiro e de Villous co Pico Lagos desde o que comezamos o descenso.
  • Foto de Pico Lagos (panorámica)
  • Foto de Pico Lagos (panorámica)
  • Foto de Pico Lagos (panorámica)
  • Foto de Pico Lagos (panorámica)
  • Foto de Pico Lagos (panorámica)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta