• Foto de Piornedo - Mustallar - Tres Bispos - Vilarello - Piornedo
  • Foto de Piornedo - Mustallar - Tres Bispos - Vilarello - Piornedo
  • Foto de Piornedo - Mustallar - Tres Bispos - Vilarello - Piornedo
  • Foto de Piornedo - Mustallar - Tres Bispos - Vilarello - Piornedo
  • Foto de Piornedo - Mustallar - Tres Bispos - Vilarello - Piornedo
  • Foto de Piornedo - Mustallar - Tres Bispos - Vilarello - Piornedo

Tempo  9 horas 28 minutos

Coordenadas 3877

Fecha de subida 25 de septiembre de 2013

Fecha de realización septiembre 2012

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.955 m
961 m
0
4,8
9,5
19,07 km

Vista 2442 veces, descargada 73 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

A ruta foi totalmente circular, pero o GPS quedou sen batería pouco despois de deixar Vilarello, polo que faltan os últimos tres/catro quilómetros, o camiño de Vilarello a Piornedo. Engadindo este treito, o total da ruta sería duns 22-23 km.

Grao de dificultade: difícil, mais ben pola distancia ou por algúns tramos de ascensión.

O percorrido foi o seguinte: saída da aldea de Piornedo, ascensión ao Mustallar (1.935 m), paso polos picos Lagos ou Lanzá (1.867 m), Corno Maldito (1.849 m), Berdias ou Charcos (1.796 m), Os Penedois (tres aristas que rondan os 1.780m) , Tres Bispos (1.794m) e de aí descender cara ás brañas de Vilarello, deixando á esquerda o camiño que baixa cara ao albergue da Campa da Braña.

A subida ao Mustallar é espectacular e o último quilómetro é o de maior dureza en todo o percorrido. A partir de aí baixar e subir por todos estes picos. A zona de cresteo máis espectacular, sen dúbida, é o paso dos Penedois. Nalgún momento hai que usar as mans e un compañeiro con algo de vertixe pasou un mal trago, pero repúxose no alto de Tres Bispos, sabendo que de alí en adiante todo era descenso.

Para descender cara a Vilarello tiñamos dúas opcións: recuar até as proximidades do Corno Maldito e baixar pola Golada da Boca do Campo ou ben procurar o cauce do río Ortigal para descender pola beira esquerda do río. Para evitar máis ascensións, decidimos baixar cara ao río Ortigal. Seguindo coa vista o cauce do río fomos descendendo sen problemas, até atoparnos aparentemente sen camiño pero xa cun prado con bastantes vacas moi próximo. Logo duns metros de camiño improvisado seguindo as bostas, chegamos ao prado a xa demos cun camiño moi amplo. Este levounos á estrada xeral e tivemos que camiñar uns tres quilómetros polo asfalto, até Vilarello. Pagaría a pena ter intentado baixar pola Golada da Boca do Campo, para o que probablemente remontando un pouco o río dende o prado poderiamos ter cruzado o río e enganchar a golada.

Atravesamos Vilarello e saímos cara a Piornedo por un camiño non sinalizado. O camiño que continúa tras a aldea e ao mesmo nivel das casas: ao remate da aldea hai unha bifurcación na que debemos coller á dereita e uns metros máis adiante outra, na que collemos á esquerda (evitar a subida, que nós tivemos que recuar, tal como se ve no percorrido). O camiño de Vilarello a Piornedo é moi levadeiro, pero soamente está sinalizado se comezamos en Piornedo, no río da Veiga.

Tal como comentei ao comezo, este último tramo non está recollido na ruta porque se nos apagou o GPS, pero é practicamente chan, cunha leve subida dende o río a Piornedo xa no remate da ruta.

E só me queda saudar á xente da Cantina Mustallar, que tan ben nos tratou en Piornedo (e xa non é a primeira vez...).

9 comentarios

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 27-sep-2013

    MOi boa ruta, para evitar o asfalto do último tramo, ao chegar á estrada, indo en dirección Vilarello hai que coller o 2º camiño cara a dereita (a uns 500 m da ponte), que parece que volve cara atrás pero logo duns minutos de subida xira á esquerda e vai sen moitas complicacións a Vilarello. Hai outra alternativa con un pouco menos de asfalto pero é un camiño que pode levar moita auga e ten bastantes pedras polo que se fai moi incómodo.
    chao

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 27-sep-2013

    Moitas grazas, Jose. Aos que fixemos esta ruta quedounos pena de ter que papar eses quilómetros de asfalto. Coa túa contribución queda redonda!!

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 28-sep-2013

    Panorámica de todos os picos da ruta dende o Tres Bispos https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/piornedo-mustallar-tres-bispos-vilarello-piornedo-5317780/photo-2785262

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 28-sep-2013

    Ascensión ao Mustallar. Ás nosas costas, a Penalonga. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/piornedo-mustallar-tres-bispos-vilarello-piornedo-5317780/photo-2785264

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 28-sep-2013

    Os Penedois. O divertido é non rodealos, aínda que haxa que gabear un chisco. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/piornedo-mustallar-tres-bispos-vilarello-piornedo-5317780/photo-2785277

  • justo5165 29-oct-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta espectacular. Algunos pasos complicados entre mustallar y tres bispos que nos pillaron por sorpresa pero con cuidado se hacen bien. Nos perdimos un poco al bajar de tres bispos pero con el gps volvimos de nuevo a la ruta. La realizamos completa hasta piornedo (circular) y la parte final si que es bastante llevadera excepto la ultima subida al pueblo.

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 29-oct-2016

    Efectivamente, antes de Tres Bispos hai que pasar os Penedoes que poden sorprender a quen non conte con ter que gabear un chisco. E o descenso obrigounos a improvisar un pouco, polo que o gps pode ser indispensable se non queres complicarte a vida. É unha das rutas que me trae mellores lembranzas e que espero repetir. Moitas grazas polos teus comentarios, justo5165.

  • prodriguezb 06-may-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    La dureza de la ruta está en la subida última hasta Mustallar. El resto es más fácil. Peligroso es el paso del castillo, que en parte estaba nevado, que es mejor rodear para no arriesgar a sufrir acidentes. Buen detalle el de la foto final donde se pueden observar los picos con sus nombres. Gracias por toda la información.

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 06-may-2018

    Moitas grazas pola valoración e polos teus comentarios, prodriguezb. Efectivamente, a parte dura é o último tramo do Mustallar, cun desnivel moi concentrado en pouca distancia. Alédome de que disfrutases coa ruta.

Si quieres, puedes o esta ruta