• Video de Pista do Marroquí-Toro-Río Cabras-Correchouso- Laza (Ourense)
  • Foto de Pista do Marroquí-Toro-Río Cabras-Correchouso- Laza (Ourense)
  • Foto de Pista do Marroquí-Toro-Río Cabras-Correchouso- Laza (Ourense)
  • Foto de Pista do Marroquí-Toro-Río Cabras-Correchouso- Laza (Ourense)
  • Foto de Pista do Marroquí-Toro-Río Cabras-Correchouso- Laza (Ourense)
  • Foto de Pista do Marroquí-Toro-Río Cabras-Correchouso- Laza (Ourense)

Tempo  3 horas 55 minutos

Coordenadas 2001

Fecha de subida 24 de mayo de 2015

Fecha de realización mayo 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
905 m
755 m
0
3,9
7,8
15,67 km

Vista 3739 veces, descargada 28 veces

preto de Toro, Galicia (España)

Esta pista debe o seu nome ao construtor madrileño Augusto Marroquí que subcontratou este camiño para dar servizo ás obras da liña de ferrocarril Zamora - Coruña, entre Prado (Vilar de Barrio) e Toro(Laza).
A Pista do Marroquí está situada nas ladeiras do extremo sur do Macizo Central. Empeza na estación de Prado (Vilar de Barrio) e continua por Correchouso (Laza) , bordeando o curso do río “Cabras” case que sen desnivel algún, a pesar de transcorrer por unha zona abrupta, ata chegar ao enlace coa localidade de Toro (Laza).
Pola dereita, en dirección Correchouso - Toro observase sempre o precipicio sobre o río “Cabras", mentres que pola esquerda transcorre a vía férrea con innumerables túneles, que debido a súa construción fixeron “sangrar” ás fontes e deixaron o pobo de Toro que está situado encima da vía férrea, sen auga.
Dende o Alto do Corno (punto que marca o nivel mais alto da depresión producida polo curso do río Cabras) pódese divisar o pobo de Correchouso en toda a súa beleza, como perdido ao fondo do canón da Armada. O pobo de Correchouso, rodeado de fermosos soutos de castiñeiros, (que escaparon milagrosamente dos incendios do ano 2004) conta aínda hoxe con varios “sequeiros” para as castañas. A maioría destes soutos pertencían a xente de Toro e Camba. Na época da construción do ferrocarril albergou a moitos traballadores da vía. De feito en Correchouso existiron sete cantinas e incluso funcionaba aquí un sindicato de traballadores, con sede neste pobo chamado “Sindicato Obreiro” sen embargo o pobo de Correchouso non naceu a causa do ferrocarril, senón que debe o seu asentamento a abondosa producción de castañas. Aínda que durante os anos que duraron as obras a súa poboación aumentou considerablemente.
A pista do Marroquí foi construída neste lugar de dificilísimo acceso, substituíndo deste xeito a outro antigo camiño de menor extensión que bordeaba o monte por debaixo da actual pista do Marroquí.
Esta pista foi empezada moito antes da Guerra Civil pero viuse paralizada pola contenda .
Para realizar a construcción dos túneles tiña a súa disposición dous teleféricos que atravesaban o río “Cabras” con un percorrido de 1 quilómetro. Un estaba situado no enlace coa localidade de Toro e o outro preto de Correchouso, no outro extremo. Grazas a eles podíase trasladar o material necesario para as obras do ferrocarril nunha zona de dificilísimo acceso. Tamén servía para transportar persoas vivas ou mortas, materiais para a obra, animais etc. A zona onde estaban situados os extremos do teleférico aínda hoxe se lle coñece co nome de “O Cable”.
Na construción da vía do ferrocarril dende Zamora a Coruña, que abarcou dende 1929 ata 1957, traballaron milleiros de persoas. Foi un traballo duro e custoso en cartos e vidas humanas, pois aos accidentes propios da obra houbo que engadirlle a enfermidade pulmonar da “silicose” que sufriron moitos traballadores. Rafael Cid periodista natural de Tamagos (Verín), realizou un documental moi completo e interesante sobre este tema: “Carrilanos, os túneles dun tempo”
A pista do Marroquí é na actualidade unha fermosísima ruta turística, tanto polas súas características paisaxísticas como pola memoria de tempos duros e traballos de xigantes que fixeron posible a apertura cara o resto de España destas terras de lobos , segundo dicía “Eloi Luís André” para evitar que o ferrocarril pasara por Laza defendendo o seu trazado por Verín, Xinzo de Limia e Allariz. Sen embargo, o empeño da empresa Mzov e a morte do enxeñeiro Fernández España nun accidente de tráfico cando estudaba o trazado pola zona de Verín fixo posible que se realizara esta obra que tivo un custo económico moi grande, xa que tendo prevista a súa realización en cinco anos, fixeron falla 28 anos para rematala e sobre todo que aínda que supuxo unha inxección económica para os pobos da bisbarra tamén custou moitas vidas humanas.
Así pois, a Pista do Marroquí representa a lembranza viva dun pasado non moi afastado no que o home, mediu as súas forzas coa natureza. Pero é tamén unha paisaxe única e salvaxe pola súa orografía, fauna e vexetación. No desexo de todos está conservala para que as xeracións vindeiras podan gozar dela e admirar o traballo dos seus devanceiros.
Blog Carmen Rivero Gallego tal como explica.

Ver más external

2 comentarios

  • Foto de efeso55

    efeso55 20-jun-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Muy interesante. Gracias

  • Foto de arraiano12

    arraiano12 20-jun-2016

    Graciñas ....

Si quieres, puedes o esta ruta