-
-
165 m
3 m
0
2,9
5,9
11,79 km
Vista 5799 veces, descargada 281 veces
preto de Hio, Galicia (España)
Fermosa ruta para disfrutar devagariño. Recomendábel facela co mar devalado, que amplifica a beleza das praias e da parte baixa dos cantís. Nós fixémola en pleno inverno, cun día algo despexado (abondo para ver ben as Cíes, mais co resto da paisaxe moi difuminada).
Deixamos o coche no aparcadoiro ao que se accede tras atravesar Donón, onda esa escultura de aceiro que imita unha buguina (vaia teima de intervir nalgúns espazos naturais, e bruscamente, abofé).
Hai ruta bastante ben sinalizada, mais fómola seguindo só por veces, tratando de atopar camiño para evitarmos algunha parte de asfalto ou de pista. Atravesamos Donón e descendemos até cruzarmos o rego, coa herba totalmente xeada. Pouco despois de chegar ao tramo de estrada que descende a praia de Barra, desviámonos á dereita e atravesamos a zona de dunas e piñeiral, coa sensación máis de pisar neve que area, tanto pola brancura como polo tempo.
Saímos ao areal de Barra xustamente onde desauga o rego. O camiño por riba das rochas percíbese claramente. Nunha pequena costa hai un desvío á esquerda que morre nunha fábrica de salgado. Nós continuamos de fronte até chegarmos ao faro de punta Subrido. Nesta ruta temos tres faros, todos eles cunhas vistas espectaculares, mais neste podemos acceder doadamente até a punta rochosa. Paga a pena achegarse a punta e descansar un anaco aquí sentado, contemplando a ría de Vigo...
Continúa o camiño e pasa pola praia de Melide, a última desta beira da península do Morrazo, para chegar axiña á punta Robaleira, co seu faro pintado de vermello, baixo e ancho, edificación que contrasta co branco espigado dos seus parentes próximos. É o punto en terra máis próximo ás illas Cíes: a vista sobre as illas é completa e detallada. Unha cruz lembra a Pepe Ruiz, mariñeiro da zona que quedou á deriva por un fallo do motor e rematou estrelándose contra as rochas. A moi pouca distancia chegamos á punta que dá nome a toda esta zona, cabo Home, co faro máis alto dos tres.
Se punta Subrido ollaba cara a Monteferro, punta Robaleira faino cara ás Cíes e cabo Home contempla a illa de Ons. Paisaxe fermosa: as Cíes, Ons, a beira norte da ría de Pontevedra, a península do Grove, o Barbanza ao lonxe e xa moi próximo o monte do Facho e as rochas cortadas da costa da Vela ou Soavela.
A partir de aquí tratamos de evitar a pista, que se arreda un chisco da costa e non permite apreciar os cantís, polo que seguimos unha senda case cegada parcialmente polos toxos e que transcorre moi próxima ao mar. Chega un punto no que comeza a baixar dun xeito abrupto e, co chan mollado como estaba, faise algo perigoso, polo que demos volta pero atopamos un camiño bastante cómodo para retomar a pista que nos leva de volta ao aparcadoiro.
Dende o aparcadoiro hai pouco máis dun quilómetro ao alto do monte do Facho, onde van avanzando as escavacións de Beróbriga, seica un dos lugares máis antigos de peregrinación de Europa. Estivo habitado quizais xa dende o século X a. C. e como poboado castrexo dende o século IV a. C. A conquista romana non impediu que persistise a adoración ao deus Berobreo e parece ser que foi un centro relevante de peregrinacións entre os séculos II e IV. Até aquí chegaban daquela as xentes para ofreceren as súas aras ao deus Berobreo, a quen maiormente lle pedían saúde (información sobre o Facho, por exemplo en galiciamaxica.eu).
Neste alto atópase tamén unha caseta de vixilancia do século XVII ben conservada (a súa base formaba parte dun antigo faro romano ou mesmo anterior). Non nos cadrou o día ideal para gozar co inmenso panorama que se abre ante nós neste lugar, máis as vistas son únicas, dende cabo Silleiro polo sur até o Barbanza (e talvez Fisterra) polo norte.

10 comentarios
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Adolfo Cano 13-oct-2015
Paisaje inmenso. Lugar privilegiado. Ambiente cuasi mágico. Imprescindible.
Adolfo Cano 13-oct-2015
Entorno privilegiado. Continuación natural del Parque Nacional "Illas Atlánticas de Galicia".
Adolfo Cano 13-oct-2015
He realizado esta ruta ver detalle
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Entorno privilegiado. Continuación natural del Parque Nacional "Illas Atlánticas de Galicia".
Xoanzinho 13-oct-2015
Moitas grazas polos teus comentarios, Adolfo. Totalmente de acordo
Melbarana 22-abr-2016
He realizado esta ruta ver detalle
Información
Fácil de seguir
Entorno
Moderado
Un paseo realmente precioso. Muchas gracias por haberlo compartido. Vale la pena de verdad y tu descripción es muy completa.
Xoanzinho 22-abr-2016
Moitas grazas pola valoración e polo teu comentario, Melbarana.
MEWY 02-nov-2016
He realizado esta ruta ver detalle
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Una ruta fantástica con unas vistas estupendas
Xoanzinho 02-nov-2016
Moitas grazas, Mewy, alédome de que che gustase. Este recuncho do Morrazo é realmente fantástico.
Miguel Mosquera 28-oct-2019
He realizado esta ruta verificado ver detalle
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Ruta sencilla, a través de paisajes costeros espectaculares. Indicaciones perfectas.
Xoanzinho 28-oct-2019
Moitas grazas, Miguel, pola valoración e polo teu comentario. Efectivamente, é sinxela, e coas paisaxes que presenta para min é unha das rutas indispensables das Rías Baixas.