Coordenadas 1053

Fecha de subida 8 de agosto de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
446 m
73 m
0
2,9
5,7
11,49 km

Vista 395 veces, descargada 16 veces

preto de Sabajanes, Galicia (España)

A nosa andada vai a descuberta dos máis importantes bens patrimoniais cos que conta a freguesía mondaricense de Sabaxáns, coma son os Pasos de Tatín, os petróglifos de Pé de Mula ou mesmo a súa igrexa parroquial de San Mamede.

Un sitio axeitado para comezar é no campo da festa, ao carón do templo que foi reconstruído no ano 1730 sobre outro anterior de época románica e do que quedan restos dun arco triunfal apuntado apoiado sobre capiteis con volutas e motivos vexetais. Preto de aquí está a Fonte do Cruceiro e, polo camiño que desde ele arrinca, subimos cara os petróglifos.

Os petróglifos de Pé de Mula, deixados a súa sorte durante moito tempo, foron limpos e acotados a finais do ano 2018 e consisten nun conxunto de varias pedras con alta densidade de gravados que pódense agrupar en dúas categorías. A primeira delas está formada por aqueles que teñen datación prehistórica, de carácter xeométrico con círculos, círculos con cruz inscrita, círculos concéntricos e labirintos. O segundo grupo constitúono aqueles de época histórica e entre os que hai deseños cruciformes, cadrados con cruz inscrita ou representacións de bestas. Non confundide estes petróglifos cos que hai na veciña parroquia de Gargamala.

Podedes ver magníficas fotos nocturnas deles tiradas polo estudoso do tema Ángel de Prado nesta páxina web.

Segue a subida ata acadar unha pista desde a que gozaremos dunhas espléndidas vistas sobre a bacía do río Tea e deseguido baixamos polas aldeas de O Costal e O Coto para internarnos nun tupido bosque que agocha unha sorpresa: atopámonos coas ruínas dun antigo balneario do que se conservan paredes, bañeiras e o manancial de augas minero-mediciñais. Ao pasar a pontella sobre o rego Furafollas chegamos as beiras do río Tea.

A contracorrente do Tea avanzamos por un sendeiro de pescadores entre unha vizosa arboreda e logo de pasar por dúas praias fluviais situámonos nos Pasos de Tatín. Estas rudimentarias pontes reciben tamén o nome de pasos, pasais ou pasadoiros e foron usadas desde moi antigo para vadear os cursos fluviais. Se tedes interese por estas construcións podedes ler o libro “Poldras, pasos, pasaderas...Reminiscencias del Neolítico”, de Maximino Fernández Sendín.

A última etapa e o regreso ao punto de comezo na igrexa de San Mamede de Sabaxáns, subindo polo lugar de Chan de Fornos e as aldeas de Filgueiras e Os Queimadelos.

Ver más external

Ruinas

Antigo balneario

Balneario en ruínas, megullado no bosque.
Foto

Camiño 1

Camiño preto de A Grela, baixando hacia o río Tea.
Foto

Camiño 2

Camiño preto de Cernadela, baixando cara o río Tea.
Sitio relixioso

Capela

Ermida no lugar de A Chan de Fornos.
Waypoint

Comezo petroglifos

Punto de inicio ao carón da igrexa de San Mamede de Sabaxáns.
Fuente

Fonte

Fonte de auga potable no lugar de A Chan de Fornos.
Fuente

Fonte do Cruceiro

Fonte de auga potable en Sabaxáns.
Árbol

Fraga

Bosque de arbareda mista nas abas por riba do Tea, en Cernadela.
Sitio relixioso

Igrexa San Mamede

Igrexa parroquial de Sabaxáns. Do ano 1730.
Foto

O Costal

Lugar da parroquia de Sabaxáns, Mondariz.
Foto

O Coto

Lugar da parroquia de Sabaxáns, Mondariz.
Ponte

Pasos de Tatin

Poldras no río Tea.
Sitio arqueolóxico

Petroglifos

Petróglifos de Pé de Mula, en Sabaxáns, Mondariz.
Ponte

Pontella

Pontella de pedra sobre o rego Furafollas, preto da súa desembocadura no río Tea.
Praia

Praia de Foxaco

Praia fluvial no río Tea.
Praia

Praia fluvial

Praia no río Tea, preto de Cernadela.
Foto

Presa

Presa para o regadío en Sabaxáns.
Río

Rego Furafollas

Tributario do río Tea pola súa beira dereita.
Río

Rio Tea

Río da comarca do Condado que logo de 50 Km desemboca no Miño, a altura de Salvaterra.
Foto

Sendeiro pescadores

Carreiro pola marxe dereita do río Tea.
Panoramica

Vistas

Vistas panorámicas sobre o val do río Tea.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta