Tempo  4 horas 31 minutos

Coordenadas 2422

Fecha de subida 23 de mayo de 2017

Fecha de realización febrero 2017

-
-
486 m
107 m
0
4,2
8,5
16,98 km

Vista 684 veces, descargada 24 veces

preto de Coiro, Galicia (España)

Camiñada de domingo sen máis referencia ao pórnos en marcha que a igrexa de Coiro, o monte da Esculca (cruz de Ermelo) e o carballal de Coiro (para algúns fraga de Coiro). A única pretensión era pasar por eses lugares á volta, así que, partindo da igrexa de Coiro, fomos procurando pistas para ascender ao punto próximo máis elevado: o outeiro da Carballosa. Pisamos durante a ruta catro concellos do Morrazo: inicio en Cangas, a seguir Moaña, tocamos Marín na Carballosa (onde se unen tres concellos) e antes de retornar ao de Cangas atravesamos parte do de Bueu.
Deixamos o coche ao pé da igrexa e ao pouco temos un lavadoiro cunha fonte. O camiño de ascensión é agradábel e levadeiro até chegarmos ao miradoiro do Pouso das Cruces, preparado como parque forestal con fonte e mesas de merendeiro e cunha fermosa panorámica sobre a ría de Vigo e a súa apertura cara ao Atlántico (se ben o día anubrado non permitiu tirar fotos vistosas).
A partir de aquí abundan as pistas amplas, demasiado amplas e polo tanto monótonas. Cabe a posibilidade de desviarse cara á cruz da Paralaia nalgún dos desvíos á nosa esquerda, mais queriamos chegar a Carballosa e retornar na mesma mañá, polo que seguimos polas pistas (3 km entre o mencionado miradoiro e a protectora de animais do Morrazo, o último deles con algo máis de desnivel) nun dos tramos menos vistosos da ruta.
A partir da protectora e tras un anaquiño de asfalto, afrontamos a ascensión cara á Carballosa aproveitando algún cortalumes, rodeamos o alto de Agudelo con boas vistas sobre a ría de Vigo e coroamos por fin o cumio: a mesta vexetación apenas permite albiscar anacos das dúas rías, pero asomándonos ben (e co horizonte máis despexado do que nos cadrou) enxérganse a illa de Ons e a península de Udra, ademais doutros puntos da ría de Pontevedra. Cara á ría de Vigo, a vista era máis completa desviándonos un chisco á dereita durante a ascensión.
No Outeiro da Carballosa (495m) conflúen as parroquias de Ardán (Marín), Moaña (Moaña) e Cela (Bueu).
Iniciamos o retorno tratando de non volver polo mesmo camiño até a protectora, aproveitando cortalumes, unha pequena carballeira e un bo camiño por baixo da liña de alta tensión. Un chisco de asfalto e estamos de novo no cruzamento próximo á protectora. Dous quilómetros de asfalto lévannos até Ermelo (pouco antes de chegar, vemos á nosa esquerda o camiño que chega dende a Paralaia).
Unha vez en Ermelo dispomos dunha fonte e atopamos a igrexa de Santiago, na que se conservan restos pétreos do que noutrora fora mosteiro (século X, reconstruído no XII, a igrexa actual é de finais do XVIII) e unha interesante inscrición que ten dado pé á teoría de que neste lugar pasou os seus últimos días o arcebispo Xelmírez e mesmo de que puidese ter sido soterrado aquí. En relación con isto: https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-morrazo/bueu/iglesiaermelo/.
Estamos moi próximos ao monte da Esculca, ao que nos achegamos para contemplar a boa panorámica que se aprecia dende a cruz de Ermelo. Cóntannos na web de Turismo Rías Baixas que esta curios cruz de Santiago de máis de sete metros de altura fora concibida inicialmente para albergar un faro e poden apreciarse as canles nos seus brazos. Foi construída en 1950 polo canteiro Cesáreo Sanmartín e colocada en 1954, montada por partes incrustadas nun ferro sobre un pedestal natural formado por unha gran rocha.
O nome do monte da Esculca mantén vixente o seu significado primitivo: constitúe unha atalaia dende a que controlar as entradas das rías de Vigo e de Pontevedra, mesmo a da ría de Arousa (aínda que ben cumpriría talar unhas ducias de eucaliptos para gozar da panorámica en toda a súa extensión).
A partir da cruz o camiño de retorno xa é sempre descendente. Ao pouco atopamos os tramos máis fermosos de toda a ruta (quitando a paisaxe), cun camiño primeiramente encerrado entre muros de terra e árbores de tres ou catro metros de alto até chegarmos ao rego Bouzós e ao carballal ou fraga de Coiro, un recuncho realmente fermoso con penedos e unha pequena fervenza.
Logo da fervenza temos que cruzar unha pista de terra (cruzala procurando a senda, non avanzar pola pista nin á esquerda nin á dereita) seguindo o rego durante un anaco até ir retornando cara ao punto de partida na igrexa de Coiro.
Arquitectura religiosa

Igrexa de Coiro - D.Salvador

Igrexa de Coiro - D.Salvador
fuente

Lavadoiro

Picnic

Mesas merendeiro. Carballos e piñeiros

panoramica

Miradoiro Pouso das Cruces

Miradoiro Pouso das Cruces
fuente

Merendeiro con mesas e fonte

Waypoint

Protectora animais Morrazo

cima

Outeiro da Carballosa. 496 m

Outeiro da Carballosa. 496 m
fuente

Fonte. Ermelo

panoramica

Monte da Esculca. Cruz de Santiago. Ermelo

Monte da Esculca. Cruz de Santiago. Ermelo
Río

Rego Bouzós. Carballal de Coiro

Rego Bouzós. Carballal de Coiro

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta