Coordenadas 223

Fecha de subida 21 de junio de 2018

Fecha de realización junio 2018

-
-
130 m
41 m
0
0,9
1,8
3,68 km

Vista 392 veces, descargada 19 veces

preto de Bora, Galicia (España)

Un día de mañá cedo chegamos á escola en modo deportivo. E é que iamos facer unha ruta polo rio Almofrei.

Polo camiño o primeiro que atopamos foi A Ponte Das Leiras que se usaba para ter acceso ás leiras e ir ao muíño.
Tamén nos ensinaron o pobo O Salgueiral, parándonos en As Leiras de Abaixo a ver os hórreos e así aprendemos un pouco máis da cultura galega. A verdade é que os hórreos son moi bonitos, o malo é que ao lado había uns cans un pouco pesados.

A continuación metémonos por unha ruta estreita e escorregadiza pola que chegamos xa a ver o río Almofrei. Gustounos moito ver as poldras de Portamuiño. Uns pasos de pedra sobre a auga do río que antigamente eran usados para cruzar o río.

Despois seguimos a senda río arriba. E a verdade ás veces parecía que estabamos nunha xungla.

Foi divertido pasar os pequenos desniveis pero con precaución e algunha axudiña. O río baixaba con caudal ofrecéndonos momentos fantásticos.

Tamén houbo momentos para a merenda. E claro, tamén para os xogos.

Chegados ao muíño miramos o seu funcionamento por dentro. E tamén por fóra. Puidemos debullar o millo á antiga usanza. Gustounos moito ver como ían caendo os grans pouquiño a pouco.

Logo había que levalos ao muiñeiro para moelos e facer a fariña. Miramos tamén como se facía para que a auga non entrase no muiño cando non había nada que moer. E como estabamos no muíño tamén botamos unha muiñeira!

Máis tarde camiñamos montaña arriba. Parecía que estabamos a escalar o Everest!
Aínda que en vez de neve tiñamos algúns atrancos no camiño.

Finalmente regresamos de novo polo Salgueiral. Atopamos a Fonte da Canliña E fomos dar a unha antiga escola. Que ben se estaba á sombra daquela árbore!

Reseñar que está marcada cos sinais de sendeiro local, é dicir marcas azuis e brancas. O malo é que ou están moi deterioradas, ou están desaparecidas.
Despois do muiño encontramos algunhas árbores caídas que sorteamos con algo de exercicios ximnásticos, e que non nos impediron o paso.

Ver más external

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta