Tempo  3 horas 51 minutos

Coordenadas 1945

Fecha de subida 22 de noviembre de 2017

Fecha de realización marzo 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
298 m
25 m
0
3,0
6,0
11,9 km

Vista 630 veces, descargada 57 veces

preto de Couso, Galicia (España)

Ruta pola parroquia de Couso (Gondomar). Dispomos de bo aparcadoiro á beira da igrexa de san Cristovo e da casa veciñal, onde comeza a ruta, bastante ben sinalizada aínda que nalgún momento haxa que prestar bastante atención para non pasar de longo as marcas brancas e amarelas. Fixemos a ruta ao comezo da primavera, con moita auga a correr polo monte e co fermosísimo verde das nacentes follas destes vizosos bosques caducifolios bañadas por un sol máis que amable. O colorido realmente espectacular e a ruta unha estupenda sorpresa, ben paga a pena achegarse a estes recantos.
Descendemos un quilómetro por unha estradiña asfaltada e desviámonos á dereita por unha pista de terra que seguimos até uns cen metros antes dunha ponte nunha curva da pista. Se chegades á ponte, como me ocorreu a min, tedes que recuar uns metros... baixando pola pista vese un muíño á esquerda e aí mesmo nace unha pequena senda (hai marcas nunha pedra no chan). Baixamos uns metros e, logo do muíño do Porto, xa comeza o espectáculo da auga e do verde que foi cubrindo, traballosamente e devagar, as pedras e os troncos coa carriza, o chan co fento... poucas veces gocei tanto observando e parando a tirar foto tras foto.
Pasamos onda a primeira das moitas pontellas que permiten cruzar estes amplos regos (o rego Matalaghartos ou dos Peitieiros é este á beira do que andamos) e avanzamos por unha ruta que nos vai levar a recantos fermosos e inesperados... Aos 4 km do inicio pasamos a ponte dos Amados e un muíño que require que nos fixemos ben, que andemos paseniño, sen perder de vista o río pois uns metros despois deste muíño podemos acceder, cun chisco de precaución, subindo un pequeno pelouro, á parte de atrás do muíño na que se forma un recuncho realmente espectacular. E só uns metros máis adiante a ruta torce cara á esquerda... pero paga a pena asomarse seguindo un anaco más o río, saído da ruta marcada, para descubrir outro fermoso recanto con penas totalmente “pintadas” de verde e restos de árbores caídas sobre a auga do río Matalaghartos antes de deixalo de vez.
Continúa a ruta atravesando a aldea chamada Rasas, un anaco de monte cun pequeno bosque, até chegarmos á ponte de Couso (km 7) a partir da cal imos camiñar á beira do río do mesmo nome, tamén chamado rego da Rasa. En menos dun quilómetro estamos no primeiro dunha serie de sete muíños e tres pontellas en pouco máis de quilómetro e medio (muíños do Candal, muíño do Ferreiro, o único destes dedicado á produción de electricidade, de Couso, do Cabo, do Casal e das Rañadas), todo un espectáculo de arquitectura tradicional funcional que a natureza foi encargándose de integrar no medio, paseniño e sen descanso. Un medio asolagado polo verde omnipresente. Algún destes muíños seica data de mediados do século XVIII.
A partir de aquí, menos de dous quilómetros até o punto de partida. Primeiramente completamos a ascensión para atravesar a aldea da Fraga e xa por asfalto seguimos camiño, gozando antes de completar o percorrido de fermosas vistas que alcanzan as illas Cíes.
Os nomes dos muíños están tomados da versión desta ruta subida ao Wikiloc polo Concello de Gondomar (a “oficial”, sen algún desvío breve que eu propoño para gozar dalgún recanto fóra do camiño sinalizado).
Muíño do Porto (río dos Pieitieiros ou río Matalagartos)
Pontella sobre o río Matalagartos ou Peitieiros
Levada e salto
Ponte do Candal
Muíño ruínas 2. Precioso recanto
Pontella
Bosque
Ponte de Couso (río Couso ou da Rasa)
Muíño Candal de Abaixo
Muíño Candal de Arriba
Levada
Pontella
Pontella
Muíño do Ferreiro
Muíño de Couso
Muíño do Cabo
Muíño do Casal

6 comentarios

  • Foto de nantucket1978

    nantucket1978 21-ene-2019

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Una preciosa ruta sin apenas dificultades, ideal para pasar un buen rato disfrutando de la fraga y los muiños del río Couso. La ruta, pese a estar señalizada con las tradicionales marcas blancas y amarillas, se encuentra en un estado de abandono un poco preocupante, por ahora se puede trasnsitar pese a que una de las pasarelas de madera está completamente destrozada y tuve que cruzar el río a pie (el agua apenas llega a las rodillas, así que tampoco supone mayor problema).

    Aconsejo a todos los que vayan a realizar este sendero que vayan muy atentos a las marcas, éstas se encuentran, en muchas ocasiones, ocultas por la maleza y es facil despistarse y pasar de largo!

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 21-ene-2019

    Moitas grazas, nantucket1978, pola valoración e polos comentarios, importantes para que vaia sobre aviso quen queira seguir esta ruta.
    Saúdos!

  • Foto de smartvi

    smartvi 10-mar-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta para no hacer en invierno

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 10-mar-2019

    Grazas polo comentario, smartvi. Podrías aclararnos os motivos? Pode ser perigoso algún tramo?
    Saúdos

  • Foto de smartvi

    smartvi 13-mar-2019

    Comienzo diciendote que la ruta es muy bonita. Pero es peligrosa porque hay tramos complicados como: mucha agua, barro, charcos;y son muy resvaladizos

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 13-mar-2019

    De acordo, smartvi. Son indicacións para ter moi en conta, así quen vaia facela saberá que cómpre andar con tino nesta época do ano. Moitas grazas!

Si quieres, puedes o esta ruta