Coordenadas 1292

Fecha de subida 11 de marzo de 2014

Fecha de realización febrero 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
674 m
243 m
0
3,9
7,7
15,47 km

Vista 2820 veces, descargada 71 veces

preto de Pombeiro, Galicia (España)

O limiar da Ribeira Sacra do Sil, preto de onde este río envorca as súas augas no Miño, será o territorio do noso roteiro no concello de Pantón.

Coma punto de arrincada escollemos a aldea de Pombeiro e aquí non podemos estragar a oportunidade de contemplar a impoñente igrexa románica de San Vicente. Deseguida enfilamos pola corredoira que leva a capela de San Cosmede (este treito está sinalizado) e polo camiño reparamos nuns antigos sartegos antropomorfos; enxergando na outra beira do Sil ao mosteiro de Santo Estevo.
Rematada a congostra chega o intre de pisar por unha curta pista alcatroada que sobe por entre unha vizosa carballeira.

Acadamos a aldea de Lornís, que abandonamos polo Carreiro das Monxas para subir ao altiplano de Bandullar e descendemos a maior parte por encaixados vieiros que unen A Piúca, O Regueiro e por último Pombeiro, onde comezamos a nosa xeira.

Ver más external

foto

A Piuca

Aldea do concello de Pantón.
foto

A Touza

Lugar en Pombeiro.
foto

Amandi

Lugar en Pombeiro.
Porto de montaña

Bandullar

Altiplano onde pasta gando. Entre Pombeiro e Lornís.
árbol

Bidueiral

Bosquete de bidueiros en Lornís.
Arquitectura religiosa

Capela A Piuca

Pequena ermida no lugar de A Piuca.
Arquitectura religiosa

Capela San Cosmede

Ermida no lugar de San Cosmede.
Arquitectura religiosa

Capela Santo Antonio

Ermida no lugar de Amandi.
Arquitectura religiosa

Capela Virxe das Neves

Ermida en O Regueiro.
foto

Carreiro das Monxas

Vieiro que usaban as monxas ao seu paso por Lornís.
Waypoint

Comezo

Inicio da ruta en Pombeiro, concello de Pantón.
fuente

Fonte Amandi

Fonte no lugar de Amandi, Pombeiro.
fuente

Fonte lavadoiro

Fonte con lavadoiro en Pombeiro.
fuente

Fonte Lornis

Fonte no lugar de Lornís.
fuente

Fonte O Regueiro

Fonte no lugar de O Regueiro.
Arquitectura religiosa

Igrexa San Vicente

Templo románico de tres naves levantado entre os séculos XII e XIII. Situado na parroquia de Pombeiro, concello de Pantón.
Río

Levada

Canle de agua no regato O Regueiro, no lugar da Piúca.
foto

Lornis

Lugar da parroquia de Pombeiro.
foto

Muiño

Muíño no lugar de O Regueiro.
foto

O Regueiro

Lugar na parroquia de Pombeiro.
foto

Pombeiro

Parroquia do concello de Pantón. Ten unha igrexa románica.
Río

Rego

Pequeno regato preto da capela de San Cosmede.
Río

Rego Fontao

Regato que verte as súas augas ao Sil preto de Pombeiro.
Río

Rego do Regueiro

Arroio afluente do Sil que pasa polo lugar de O Regueiro.
Ruinas

Ruinas aldea

Pequeno casal en ruínas situado entre Pombeiro e San Cosmede.
foto

Sartegos

Sarcófagos antropomorfos labrados en pedra e situados na corredoira que une Pombeiro con San Cosmede.

1 comentario

  • Foto de AlfonsoBg

    AlfonsoBg 05-nov-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Preciosa e variada ruta que une paisaxe e natureza con valores etnográficos. A realizar en calquera época, mellor no Outono para disfrutar das cores vivas de árbores e vides.

Si quieres, puedes o esta ruta