Tempo  6 horas 8 minutos

Coordenadas 1305

Fecha de subida 18 de septiembre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
361 m
62 m
0
3,6
7,3
14,53 km

Vista 1248 veces, descargada 21 veces

preto de Ramo, Viana do Castelo (Portugal)

O 25 de xuño do ano 1992 entrou en vigor o Acordo de Schengen que abriu as fronteiras entre España e Portugal ao libre tránsito de persoas e este tratado que suprimiu as alfándegas supuxo unha importante alteración na economía de Ponte Barxas. A partires de agora declina totalmente o contrabando de mercadorías que alimentara a moitas familias deste lugar do concello de Padrenda nos tempos posteriores a guerra civil española.

Os puxantes comercios ateigados polos vecinos portugueses a procura de bens que non había ou eran moi caros no seu país agora terminan de esmorecer e pechan para formar parte do pasado, coma o tráfico de persoas en pequeñas lanchas que cruzaban o río Miño a altura de Frieira. Son novos tempos para os aproximadamente 160 habitantes de Ponte Barxas.

O noso percorrido podémolo comezar na pequena capela que hai nas proximidades da antiga aduana e facendo o traxecto no sentido contrario as agullas do reloxo imos cara a aldea de Coucieiro, onde veremos a ermida de Santo Antonio e máis un peto. Seguimos para As Vendas e por medio dun piñeiral chegamos a aldea de A Corga e axiña a Lordelo onde hai outro peto de ánimas. Segue a nosa marcha por outro bosque de pinos e por veces ollaremos aló embaixo o Miño e tamén o val do río Barxas.

É momento de empezar a baixar para o río Miño para visitar a aldea de Sa, cun cruceiro que lembra que por aquí pasaba unha ruta xacobea, existindo no pasado un hospital de peregrinos no seguinte lugar que pasaremos, O Condado. O roteiro enfila por un camiño paralelo ao Miño buscando o río Troncoso ou Barxas, un chisco antes da sua desembocadura en Frieira.

A contracorrente polas beiras do río Troncoso camiñamos pola raia con Portugal ao carón dunhas augas que gozan dun bo estado ambiental e mergullados nun vizoso bosque de ribeira tendremos ocasión de ver varios muíños de cubo en distinto estado de conservación. A nosa andaina remata no centro de Ponte Barxas, onde comezamos.

Ver más external

Lugar do concello de Padrenda.
Lugar do concello de Padrenda.
Ermida preto da alfándega.
Capela no lugar de Sa.
Ermida no lugar de Coucieiro.
Punto de inicio do roteiro, preto da alfándega de Ponte Barxas.
Lugar do concello de Padrenda.
Igrexa no lugar de O Condado, Padrenda.
Lugar do concello de Padrenda.
Muíño no río Troncoso ou Barxas.
Muíño de cubo no río Troncoso.
Muíño hidráulico no río Barxas.
Muíño de cubo no río Troncoso.
Muíño no río Troncoso ou Barxas.
Muíño no río Troncoso.
Muíño hidráulico de cubo no río Barxas.
Muíños no río Barxas.
Muíño de cubo no río Barxas.
Lugar do concello de Padrenda.
Lugar no concello de Padrenda.
Lugar do concello de Padrenda. Na fronteira con Portugal.
Lugar do concello de padrenda. Fai fronteira con Portugal.
O máis importante río de Galicia.
Afluente do río Miño pola beira esquerda. Tamén se chama Barxas.
Lugar no concello de Padrenda.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta